ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
ENTROIDO EN ESPAÑA
Non importa o lonxe que se estea de Ourense, sempre é bo momento para presumir con orgullo do Entroido. A escasos días para que o petardazo dea comezo a esta fermosa tradición, os traxes típicos de pantallas, peliqueiros, mázcaras, troteiros e boteiros exhíbense con moito mimo na Casa de Galicia en Madrid, antes de que enchan de cor as rúas da provincia durante as próximas semanas.
A exposición “Entroidos tradicionais. Provincia de Ourense” pon en valor unha das celebracións máis auténticas e representativas da etnografía galega. Fotografías, traxes tradicionais, máscaras e obxectos característicos agrupánse na sala Álvaro Cunqueiro, sendo capaces de teletransportar a calquera ata o epicentro desta festa. Trátase dunha proposta que conta coa colaboración da Deputación de Ourense, co fin de revalorizar e conservar as tradicións do Entroido máis tradicional e tamén un dos máis longos de Europa.
“O Entroido non é só unha tradición, tamén é un motor de dinamización turística”, sinalou o director da Casa de Galicia
Durante a inauguración desta mostra o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, salientou que “o Entroido non é só unha tradición, tamén é un motor de dinamización turística”. Neste senso, resaltou a importancia dos entroidos en Galicia, facendo fincapé no recoñecemento de Xinzo de Limia como ‘Festa de Interés Turístico Internacional’ e de Verín como ‘Festa de Interés Turístico Nacional’.
O director da representación da Xunta de Galicia animou aos presentes a vivir en primeira persoa o verdadeiro Entroido e agradeceu á Deputación e ao Inorde (Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico) “o esforzo por trasladar ata o corazón de Madrid os elementos máis característicos dos seus entroidos”.
A intención desta exposición é afondar na tradición. É por iso que ademáis dos traxes máis coñecidos como os da ‘Madama e o Galán’ de Cualedro ou o do ‘Boteiro’, tamén se pode desfrutar daqueles menos populares como o do ‘Follateiro’ de Lobios ou o da ‘Bonita, o oso e a vaca’ de Cartelle. Esta proposta estará en Madrid ata o 28 de febreiro de 2025. Seguro que moitos ourensáns que viven na capital non perden a oportunidade de pasar pola Casa de Galicia para sentirse un pouco na casa. Aínda que seguro que a maioría xa teñen os seus billetes para poder estar presentes na provincia durante estas datas tan especiais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
Lo último
PRISIÓN PROVISIONAL
La banda chilena que robó en Vigo dirigía sus planes desde Celanova
LUCHA CONTRA EL CÁNCER
David Aramburu, del Campus de Ourense a la vanguardia oncológica de Nueva York