GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
POBOACIÓN
Os datos provisionais do padrón, actualizados onte polo Concello do Pereiro de Aguiar, rexistran unha cifra histórica: por primeira vez, iste municipio da contorna metropolitana supera os 6.800 habitantes, chegando concretamente aos 6.810, “cifra nunca antes acadada”. “Confirmamos así outros datos que xa se viñan dando con carácter provisional, e ratificando a tendencia acentuada nos últimos cinco anos, onde o padrón leva subido en preto de 600 novos residentes”, asegurou onte o rexedor, Luis Menor.
No programa electoral do actual alcalde figura como obxectivo superar os 7.000 habitantes neste mandato. “Como queira que xa acabamos de superar os 6.800 residentes, parece moi factible que podamos alcanzar esta aspiración, consolidándonos como un dos grandes concellos en poboación da provincia, concretamente o número 7, sendo un dos que máis crece en poboación”, sinala.
“A pesar destes datos que son moi bos, aínda existe un feito obxectivo: hai moitos veciños que están sen empadroar, e con elo merman a capacidade deste Concello en canto esixen a prestación de servizos e non incorporan os ingresos derivados desta poboación”, precisa Menor. “Estimamos que son máis de mil as persoas que residen en Pereiro sen estar empadroadas, polo que pedimos un esforzo para que o padrón real reflicta a realidade da poboación, que supera ampliamente de facto os 7.000 habitantes. De ser así, conseguiríamos moito máis ingresos e moitos máis servizos para seguir medrando como concello”, comenta.
Por conseguinte, dende o gobierno municipal animan “a todos aqueles que non estean empradoados, a que se empadroen”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
ROBOS DE COBRE
A la caza del “oro rojo” en Ourense
PUNTOS CRUCIALES
Imágenes aéreas | Un recorrido aún sobre plano
Lo último