PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
ACTO EN SAN CIBRAO
O Partido Popular de Galicia celebrou onte o Día das Familias na praza da Constitución de San Cibrao. Alí, a formación reivindicouse como “o partido das familias galegas”.
Ao acto asistiron a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado; a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García; o líder provincial do partido, Luis Menor, e a alcaldesa de San Cibrao, Marta Novoa.
Prado dixo que para o PPdeG “a familia é a rede que todo o aguanta”. Por iso, agregou, “apoiamos e sempre apoiaremos a todo tipo de familias”. Ademais, asegurou que Galicia é “o lugar perfecto onde cada persoa, nova ou maior, ten a oportunidade de vivir feliz”. Ao mesmo tempo, atacou a Pedro Sánchez -“non se acorda de Galicia”- e ao BNG, que tildou de “aliado do radicalismo de Bildu e ERC”.
Fabiola García declarou que o PPdeG é o partido que máis se parece ás familias galegas: “Impulsa medidas pioneiras e valentes para todas elas, sexan do tipo que sexa”. Pola súa parte, Menor cualificou aos núcleos familiares coma “o eixo fundamental da nosa sociedade” e destacou as políticas que a Deputación ten en marcha para axudar á natalidade, entre outros.
Por último, a rexedora tratou de poñer en valor a contribución do Concello para mellorar os servizos dos que gozan as familias en conciliación, por exemplo. Ao incremento destes servizos municipais achacou ser “un concello que ten cada vez máis xente nova”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Lo último
DERECHOS SOCIALES
❌ ✅ Encuesta | ¿Qué te parece la posible derogación de la Ley Trans?
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy lunes, 9 de noviembre
INVESTIGACIÓN INDEPENDIENTE ABIERTA
Nvidia investiga a su fundador por sus vínculos con una supuesta espía China