UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN), concedeu o premio “Francisco Guitián Follea” ao proxecto “PolyDeep: Sistema intelixente de detección e clasificación en tempo real de lesións colorrectais mediante Deep Learning”. O traballo foi realizado por investigadores da Escola Superior de Enxeñería Informática do Campus de Ourense da UVigo, liderados por Miguel Reboiro e Daniel González, en colaboración co Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), a Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña e o Centro de Investigacións Científicas Avanzadas da UDC.
O equipo galardoado baseouse na Intelixencia Artificial para desenvolver un sistema de apoio que busca mellorar a detección e diagnóstico de pólipos colorrectais en tempo real durante as colonoscopias, redundando non só na mellora do diagnóstico e tratamento do paciente, senón no potencial aforro de custos en forma de reseccións ou biopsias innecesarias. Permite, ademais, a clasificación automática dos pólipos colorrectais, de modo que o modelo avisa ao endoscopista durante a exploración da presenza de pólipos, pero tamén do tipo de pólipo detectado. No marco deste proxecto, os investigadores crearon un amplo banco de imaxes e vídeos de colonoscopias con información histolóxica e de localización de pólipos que está dispoñible para a comunidade científica a través do Biobanco do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur.
“Facemos unha valoración moi positiva da concesión deste premio, que recoñece o potencial de transferencia de PolyDeep”, sinalan Miguel Reboiro e Daniel González. Os líderes do proxecto destacan que o seu desenvolvemento foi “un reto” nado dunha primeira reunión entre os grupos “da que saíron moi boas ideas, entre elas a de desenvolver este sistema que en tempo real axudase á detección de pólipos”. A iniciativa, apuntan, desenvolveuse desde 2018 ata 2021 con financiamento da “Convocatoria Retos” da Sociedade do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade e “conseguiu chegar a onde quería e ademais ten futuro”. Segundo explican os investigadores, o traballo continúa na actualidade co proxecto PolyDeep Advance, que acadou recentemente financiamento na convocatoria “Probas de Concepto” do Ministerio de Ciencia e Innovación para realizar a validación clínica deste sistema e o plan de acceso ao mercado para a súa comercialización.
Ademais, PolyDeep continúa na liña de traballo de colaboración co CHUO “buscando tarefas ou problemas nos que poidamos aplicar intelixencia artificial e que redunden ou que busquen a mellora no diagnóstico ou tratamento dos pacientes”.
A Academia Galega das Ciencias recoñece outras dúas iniciativas
Por outra banda, tamén dentro dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2022, outorgouse o premio “Fernando Calvet Prats” ao proxecto “Ligandos fluorescentes como alternativa ao uso da radioactividade na industria farmacéutica”, do grupo de Descubrimento e Síntese de Fármacos do Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) e da facultade de Farmacia da Universidade de Santiago; integrado por Eddy Sotelo, Javier Sardiña, Mabel Louza e José Brea, impulsores da empresa Celtarys Research.
Por último, o premio “Ricardo Bescansa Martínez” foi para a posta en marcha da spin- off “BFlow S.L.”, que naceu en maio de 2020 froito da colaboración entre grupos de investigación das facultades de Óptica e Física da Universidade de Santiago e a Fundación de Investigacións Sanitarias de Santiago (FIDIS), para optimizar o proceso de descubrimento de moléculas e fármacos grazas á aplicación da tecnoloxía microfluídica máis avanzada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
VACUNACIÓN MASIVA
Nueva convocatoria contra la gripe para mayores de 60 años
Lo último
HISTORIA DE SUPERACIÓN
De estar 15 años en prisión a ser el pastor de su propia iglesia en la calle Greco
TERCERA FEDERACIÓN
Arranca la era del técnico Agustín Ruiz en el Barco
Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Crisis en Barbadás
El PP barbadés se queda por ahora en la oposición