PARO EN OURENSE
Ourense cierra el mejor mayo de su historia para el empleo
TRANSMISIÓN CULTURAL
A Asociación Cultural Agromadas, de Seixalbo, entregará o Premio Freire Carril ao arqueólogo, escritor, debuxante, pintor e divulgador cultural Felipe Senén López Gómez. Así o acordou o xurado, reunido este mesmo mércores 29 de maio. Dende a asociación especifican que o seu labor de transmisión cultural ten “especial fincapé na cultura e idioma da nosa terra”.
Deste xeito, consideran que os seus traballos fano “merecente deste premio”: “Moitos son os traballos feitos e publicados por este home nado no Carballiño”, explican dende Agromadas. O premio entregarase o vindeiro 29 de xuño na segunda xornada da XVIII edición da Festa dos Foros, tal e como confirma un comunicado asinado por Manuel Herminio Iglesias, presidente da asociación. O a figura de bronce que se lle entregará a Senén é obra do escultor ourensán Xosé Cid.
A Asociación Cultural Agromadas convoca o premio Freire Carril dende 2009. Carece de contía económica e pretende salientar “a aquelas persoas e entidades que traballan polo ben común ou desenvolvendo actividades culturais, sociais… en favor da comunidade social, da cultura en xeral e, en particular, do idioma galego”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PARO EN OURENSE
Ourense cierra el mejor mayo de su historia para el empleo
TIEMPO EN OURENSE
Ourense respira: las temperaturas máximas dan una tregua esta semana
CAMPAÑA DE VERANO
La campaña de verano dejará 3.600 contratos de trabajo en Ourense
Lo último
Oriente Próximo
Israel seguirá atacando Líbano pese al acuerdo de alto el fuego
1.800 METROS DE COBRE ROBADOS
Detenido por robar cableado eléctrico en los barrios de O Vinteún y A Ponte