HUMOR E TRADICIÓN FESTIVA
Galería | Badaladas en Eiroás pola Voda da Pita, en imaxes
O Campus de Ourense da UVigo abriu onte as súas portas a 400 bachareis procedentes de centros educativos da provincia e tamén de Monforte. Ao longo da mañá, os rapaces tiveron a oportunidade de dar un paseo polas instalacións do campus e aclarar todas as súas dúbidas con docentes e equipo directivo do Campus. Concretamente, participaron sete centros educativos: o IES 12 de Outubro e o CPR Seminario Menor Diocesano A Inmaculada, ambos de Ourense; o IES Celso Emilio Ferreiro, de Celanova; o IES Lagoa de Antela, de Xinzo de Limia; o IES Francisco Daviña, de Monforte de Lemos (Lugo); o IES Carlos Casares, de Viana do Bolo, e o IES Lauro Olmo, do Barco de Valdeorras.
Antes de comezar a visita, os mozos foron recibidos por Francisco Javier Rodríguez Rajo, vicerreitor do campus de Ourense, e Natalia Caparrini, vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade da UVigo. Rajo puxo en valor as oportunidades que ofrece o campus de Ourense, que conta con nove facultades e escolas nas que se imparten 16 títulos de grao, tres programas conxuntos de dobres graos, 12 mestrados e sete programas de doutoramento, achegándose a cifra de alumnado aos 4.800.
Trátase, apuntou o vicerreitor, de titulacións “moi acaídas no momento actual, que están moi de acordo co que esixe a sociedade”, pondo en valor igualmente as altas taxas de empregabilidade da maior parte delas. Ademais da súa oferta académica, o responsable académico subliñou a calidade das instalacións universitarias, apuntando que se trata dun “campus que está inmerso na cidade, o que facilita moito a vida universitaria”. Pola súa banda, Natalia Caparrini animou ao alumnado preuniversitario presente a achegarse en actividades coma esta a coñecer o campus de Ourense. “Para decidir o que vai a ser o voso futuro tendes que informarvos e ese é o obxectivo desta xornada”, recalcou a responsable académica.
A contiuación, os rapaces dividíronse en grupos e foron visitando as diferentes instalacións. Algún estudante confesaba entre risas que “para min é a primeira vez na universidade, pero tamén vai ser a última”, xa que optará por unha oposición cando remate o bacharelato. Así, diferentes profesores amosaban ao estudantado as diferentes accións que se desenvolven nas áreas de traballo de cada facultade. Entre os mozos a opinión máis popular era a indecisión, aínda que a maioría si tiña enfocada a rama que seguirá unha vez acabe o bacharelato. Entre o grupo de ciencias do IES Francisco Daviña, o máis popular eran as ciencias da saúde ou algunha enxeñaría.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
HUMOR E TRADICIÓN FESTIVA
Galería | Badaladas en Eiroás pola Voda da Pita, en imaxes
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XVI)
Artistas y escritores cariñosos con José Manuel Valencia
Lo último