Protección Civil atendeu máis de mil emerxencias en Barbadás no 2023
Protección Civil de Barbadás realizou máis de mil intervencións en 2023, reforzándose con cinco voluntarios e acumulando 850 horas de formación, segundo o concelleiro Dani Rey.
O servizo municipal de Protección Civil de Barbadás realizou, ao longo do 2023, máis dun milleiro de intervencións. En concreto, atenderon 177 situacións de emerxencia como incendios, accidentes de tráfico e rescates; un total de 339 servizos urxentes como entradas forzadas ou busca de desaparecidos; 417 non urxentes como a retirada de vexetación, asolagamentos, ou recollida de animais e 119 operativos programados e relativos a apoio de tráfico, eventos culturais e deportivos ou festas patronais.
O servizo de Protección Civil reforzouse coa incorporación de 5 novos voluntarios que realizaron a súa formación básica. En total, as horas de formación do persoal durante todo o ano ascendeu a 850. O concelleiro de Emerxencias, Dani Rey, valorou positivamente estes datos que “confirman o necesario traballo constante destas áreas consideradas servizos esenciais”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
Los famosos también vuelven al cole
VENDIMIA EN LA PROVINCIA
O Ribeiro prevé recoger más de 9 millones de kilos de uva
PRIMERA FEDERACIÓN
La UD Logroñés, nueva prueba exigente para la UD Ourense
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Hacer lentejas en las burgas