PERSONAJES DE LA EMIGRACIÓN ESPAÑOLA EN FRANCIA
Antonio Rodríguez Castiñeira: “Soy español, soy gallego y soy emigrante”
CHUO
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, censurou o "intercambio de cromos fracasados" nas xerencias de Vigo e Ourense e sinalou que esta manobra evidencia que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, é "incapaz" de xestionar a sanidade pública.
Nun comunicado remitido aos medios, Gonzalo Caballero denunciou os "malos tratos" de Feijóo a Ourense ao asegurar que "despois de impor un alcalde que el mesmo cualificou de "letal" para a cidade, agora sitúa á fronte da sanidade pública da zona ao "xerente coa marca de manifestantes".
Deste xeito, o líder dos socialistas galegos recordou as "históricas mobilizacións" da cidadanía de Vigo en contra da xestión sanitaria de Feijóo e Félix Rubial, así como as folgas nos distintos servizos e dimisións da práctica totalidade dos responsables de centros de saúde da cidade.
De feito, o dirixente socialista interpretou a saída de Rubial como "un recoñecemento de culpa" de Feijóo que, segundo indicou, "chega tarde" cando a cidadanía xa está "farta" dunha política sanitaria baseada en "recortes e privatizacións".
Críticas de Villares e Eva Solla
Noutro comunicado remitido aos medios, o portavoz orgánico de En Marea e do Grupo Mixto, Luís Villares, considerou o cambio como "unha operación cosmética claramente decepcionante".
"Estamos ante un acto de covardía política do presidente Feijóo", manifestou Villares, que insiste en que este intercambio de caras nas EOXIs de Vigo e Ourense "non soluciona a grave situación na que está a Atención Primaria en Galicia".
Por outra banda, a deputada de En Marea, Eva Solla, asegurou que a Xunta debe explicar o traslado do "xerente imputado" da área de Vigo á área de Ourense. "Félix Rubial debería dimitir polos casos de Hepatites C pero en cambio a Xunta prémiao coa xerencia de Ourense", censurou.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PERSONAJES DE LA EMIGRACIÓN ESPAÑOLA EN FRANCIA
Antonio Rodríguez Castiñeira: “Soy español, soy gallego y soy emigrante”
RÉCORD DE TRABAJADORES
Los extranjeros asumen dos de cada tres nuevos empleos en Ourense
Lo último
COBERTURA DE PLAZAS CENTRALIZADA
Ourense se desmarca de un comunicado sobre las contrataciones en Urgencias
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
La inteligencia artificial
32.000 OURENSANOS ATENDIDOS
La enfermería domiciliaria supera las 57.000 consultas en Ourense