O PSOE de Ourense urxe dous centros de saúde e a Unidade de ictus
Paco Rodríguez defende a recuperación da Concellería de Sanidade e doutros servizos en Ourense
O aspirante á alcaldía de Ourense do PSOE, Paco Rodríguez, presentou onte parte das medidas no ámbito sanitario do programa electoral para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio. Os socialistas esixirán a construción dos centros de saúde de Mariñamansa e O Vinteún. Así o anunciou Rodríguez nun encontro organizado co Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Ourense, arroupado por Julio Torrado, voceiro de Sanidade dos socialistas no Parlamento de Galicia; as deputadas Marina Ortega e Carmen Dacosta e o médico e socialista de recoñecida traxectoria Alberto Fidalgo. “O PP e a Xunta prometen moi ben pero cumpren moi mal. Destes dous centros levan falando anos, e nós levamos anos tamén introducindo a enmenda nos orzamentos para que se edifiquen. Sempre votan en contra”, lembrou Torrado sobre o asunto.
O PSOE propón a recuperación da Concellería de Sanidade, así como da Oficina Municipal de Información ao Consumidor. “É un dereito recoñecido pola lexislación autonómica e estatal que as e os ourensáns accedan a orientación neste eido”, critican os socialistas.
Por outra banda, Torrado insiste en que “a administración autonómica está recibindo fondos do Estado para reformar e mellorar centros de saúde, preto de 40 millóns de euros, que son unha oportunidade para Ourense”. Ademais, abordou a necesidade dunha unidade específica de ictus no CHUO.
Nas políticas socialistas ourensáns, Paco Rodríguez anuncia que “iniciaremos o programa Rede Ourense sen Glute con campañas de divulgación sobre este tipo de intolerancia e o deseño dun mapa no que aparezan os restaurantes cunha oferta adaptada”.
Así mesmo, o PSOE asegura que a saúde mental estará “no centro das políticas” que se implementen no caso de acadar o goberno municipal. O deseño dun Protocolo de Prevención e Detección Precoz da Conducta Suicida nos centros educativos, sociosanitarios ou de atención a persoas maiores que dependan da administración local é outra das prioridades.
No acto participou o vicepresidente do Colexio Médico de Ourense, José Luis Jiménez, que sinalou que “hai que promocionar a visita de coidadores e voluntarios para aquelas persoas maiores que viven soas”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
DIÁLOGO ENTRE ADMINISTRACIÓN Y SINDICATOS
El plan de la Xunta para reducir las bajas laborales estará listo la primera quincena de julio
SIN CARNET, ITV NI SEGURO
Detienen a la conductora que se dio a la fuga tras arrastrar un agente en Verín