Publicacións e actos literarios celebrarán o “ano de Blanco Amor"
OURENSE
A Deputación editará unha nova escolma dos artigos publicados polo escritor durante varios anos no xornal La Región
O ano de Blanco Amor. Así vai ser este 2014 para Ourense e para toda Galicia. Vai ser o ano de lembrar o 35 aniversario do pasamento deste escritor, quen en vida non recibiu apenas recoñecementos. Eduardo Blanco Amor foi, ademais do autor dun clásico literario coma "A Esmorga", periodista e autor dun gran número de artigos que publicou no xornal La Región. E precisamente a publicación dunha compilación destes artigos e, asemade, a compilación da correspondencia que diferentes persoeiros dirixiron a Blanco Amor ao longo da súa vida, documentos que se atopan nos fondos da biblioteca provincial, serán duas das accións que levará a cabo a Deputación de Ourense para festexar este ano especial, aprobado polo Parlamento de Galicia no pasado mes de abril.
O acto de presentación contou coa presenza do presidente da Deputación, Manuel Baltar; o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; o vicepresidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o director xeral de Política Lingüística, Valentín García; o presidente do Pen Club Galicia, Luís González Tosar (que chegou con retraso á presentación), e a delegada territorial de Educación e Cultura, Mercedes Gallego.
Baltar definiu a Blanco Amor como "un xigante das nosas letras", e destacou que neste ano, no que se cumpren tamén 250 anos do pasamento do Padre Feijóo, "a Deputación de Ourense vai levar a cabo unha serie de actividades que potencien e contribúan a promover aínda máis a figura e a traxectoria de Blanco Amor, un ourensán universal, de quen temos a obriga de recoñecer hoxe e sempre o seu legado literario".
Baltar tamén fixo alusión á creación dunha fundación "para honrar a súa memoria. Son pasos dunha andaina irrenunciable". A Deputación acolle a súa biblioteca e o arquivo fotográfico do autor. Respecto o premio Blanco Amor de novela, un dos mellor dotados de Galicia, Manuel Baltar destacou que "xa estamos en conversas co Concello de Redondela (onde se inicou o concurso) para que o galardón comenze a ser organizado pola Deputación de Ourense".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, viernes 17 de abril
Lo último
La Región
Hacia el gran Israel prometido por Jehová
MULLERES RURAIS DE OURENSE
La prevención, el mejor arma contra el maltrato
DOCENCIA BAJO MÍNIMOS
La Escuela Municipal de Música de Ourense recupera la clase de Percusión