CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
ACTIVIDADES DE VERANO
Ata 38 rapaces de entre 12 e 14 anos saíron onte da cidade cara a un dos campamentos de verán nos que participa a Asociación Xuvenil Amencer. O destino do autobús era Cambados, onde participan no Campamento ADS ata o vindeiro domingo, tal e como detallaron dende Amencer.
Coa compaña de catro animadores, estes 38 rapaces marcharon á decimoquinta edición do Congreso ADS xunto a outros 100 procedentes do resto de Galicia e das comunidades veciñas de Asturias e Castela e León. Son membros dos grupos de tempo libre ADS, que levan a cabo as súas actividades ao longo do ano cunha frecuencia semanal.
Durante este encontro, os rapaces participarán nos diferentes relatorios do congreso. Por exemplo, citan dende Amencer, nos que levan por título “Vida sen fume” ou “Como coidar o noso planeta”. Neles abordarán este tipo de temas de actualidade co obxectivo de reflexionar. Ademais, haberá diversos obradoiros para que leven un recordo á casa.
A programación complétase polas tardes. O campamento ofrecerá aos “congresistas” unha serie de actividades de diversión que incluirán xogos ambientados, entre outros, no Señor dos Aneis ou no emblemático xogo de mesa Risk. Por último, as noites estarán marcadas por acampadas no monte e “escape rooms”. Tamén haberá xogos de auga e días de praia.
Este campamento é a terceira quenda dos campamentos de verán nos que participa Amencer. Neles toman parte outros mozos galegos das asociacións da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco.
Onte regresaron os rapaces da segunda quenda. Compartiron experiencias tamén en Cambados, no campamento Andaina. O vindeiro día 14 sairá a cuarta quenda ao campamento de ADOS, na vila das Rías Baixas; o mércores 17, a quinta quenda ao curso de monitores de tempo libre en Logroño, e o luns 29, a sexta quenda ao Campobosco en Torino, Italia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, miércoles 4 de noviembre?
LISTAS ELECCIONES GENERALES
Diez partidos pugnan en la provincia de Ourense por cuatro escaños