SEGUNDO FIN DE SEMANA
Galería | Ourense prolonga os magostos, en fotos
A mestra, poeta e narradora ourensá Pura Vázquez (Ourense, 1918-ídem, 2006) revive na páxina web da Real Academia Galega (RAG). A institución lingüística publicou na súa páxina web unha escolma de 15 das 67 fotografías que conserva da autora debido á proximidade do seu aniversario, xa que naceu o 31 de marzo. “Reflicten as vicisitudes dunha vida marcada pola experiencia da emigración e o compromiso coa literatura”, trasladan dende a RAG.
Na páxina web da Academia seleccionan 15 fotografías, aínda que a totalidade da colección pódese consultar na Galiciana, a biblioteca dixital de Galicia. “A mostra constitúe unha sorte de fotobiografía dunha autora de vida itinerante, entre Galicia, Venezuela e Madrid, que foi quen de manter unha longa e intensa actividade creativa en condicións adversas e de se relacionar estreitamente cos principais círculos intelectuais galeguistas e casteláns do seu tempo”, comentan dende a Academia sobre esta escolma.
Pura Vázquez naceu nunha familia republicana represaliada polo franquismo. Trala guerra civil, rematou Maxisterio en Ourense e exerceu a docencia por diversos puntos do país, como Madrid. En 1955 emigrou a Venezuela, donde permaneceu durante oito anos ata que regresou primeiro a Madrid e logo, en 1992, a Ourense. Cultivou todos os xéneros literarios, malia que destacou en particular pola súa faceta poética. Ademais, publicou artigos en prensa de xeito constante e unha das cabeceiras coas que colaborou é este xornal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SEGUNDO FIN DE SEMANA
Galería | Ourense prolonga os magostos, en fotos
PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
Lo último