EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Este martes reanudáronse as obras de ampliación da OU-0509, que une Esgos e Luíntra, despois de estar paralizadas durante uns meses por un recurso xudicial a este proxecto iniciado pola familia Moreiras, que son propietarios dunha finca afectada pola ampliación desta estrada. O deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez, asegurou que “cando se nos informou de que se anulaban esas medias cautelares, reiniciamos os traballos”. Ademais, tanto o martes coma onte estiveron presentes patrullas da Garda Civil para garantir un desenvolvemento normal destas.
“Está todo perfectamente feito: a expropiación, a expropiación do muro -que é diferente a unha normal xa que ten que retranquearse posteriormente-. Así, o martes foron retirar o peche e onte tirouse o muro para rematar canto antes a ampliación desta estrada”, indicou Pérez. Este ano estará rematado o último tramo de ampliación da OU-0509.
APOIO VECIÑAL
Os veciños da contorna de Rocas, como son A Cernada, Loña do Monte, Lobaces ou Gomariz, apoian esta ampliación pola que levan “pelexando máis de 20 anos, porque nos fai ben aos de aquí coma a todos os turistas que nos queiran visitar”. Ademais, aseguran que a Fundación Moreiras ten “intereses persoais ocultos” en que non se desenvolva esa obra. Sobre o argumento dos piñeiros centenarios empregado pola Fundación Moreiras, Enrique Carballo, da asociación de veciños de Gomariz, aseguraba que “esas árbores planteinas eu entre o ano 73 e o 76, e non son do país, son importados de Oregón”. Deste xeito, as catro asociacións veciñais urxen que se rematen os 500 metros que quedan de ampliación para que por ese tramo “poidan circular dous coches a un tempo”.
CONCENTRACIÓN
Onte, ás dez da mañá, unha decena de persoas acudiron a concentrarse ás 10,00 horas en sinal de protesta contra esta ampliación. “Se ben houbo algún desencontro verbal, non houbo ningunha incidencia grave e os traballos puidéronse desenvolver perfectamente”, manifestou o deputado responsable de Infraestruturas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último
EL GORDO ESTÁ EN EL BOMBO
¿Con qué números han tocado los premios gordos de la lotería de Navidad? Descubre los más repetidos
TERCERA VICTORIA CONSECUTIVA
El Arenteiro es otro equipo y derrota a Osasuna Promesas (2-0)