DÍA MUNDIAL CONTRA ESTA ENFERMEDAD
Ourense apuesta por la investigación contra el cáncer
REDE PROVINCIAL DE AUDITORIOS
A comisión de seguimento da Rede Provincial de Auditorios (REAOU), reuniuse esta mañá no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación, para abordar cuestións referidas a esta Rede integrada pola Deputación de Ourense e 22 concellos da provincia.
Na reunión, coordinada polos deputados provinciais de Cooperación, Pablo Pérez, e de Cultura, Manuel Doval, participaron representantes de cada un dos concellos adheridos a REAOU e técnicos das áreas de Secretaría, Intervención e Cultura.
O asesor de Cultura da Deputación de Ourense, Aurelio Gómez Villar, explicou que a Rede "comezará a funcionar nos vindeiros días con 22 concellos da provincia de Ourense, trala incorporación de sete municipios". Deste modo, a Rede Provincial de Auditorios estará integrada, ademais dos concellos inicialmente adheridos: A Peroxa, A Rúa, Bande, Barbadás, Cartelle, Castrelo de Miño, Celanova, Coles, Montederramo, O Barco de Valdeorras, San Cristovo de Cea, Verín, Viana do Bolo, Vilamarín, Xinzo de Limia, polos municipios de Pobra de Trives, Baltar, Castro Caldelas, Melón, Muíños, Vilar de Santos e Xunqueira de Ambía.
Gómez Villar destacou "o incremento do investimento da Deputación de Ourense para esta iniciativa, pasando dos 70.000 euros iniciais, aos 150.000 euros que actualmente destina para a Rede Provincial de Auditorios", e salientou que no ano 2017, o ente provincial "aceptou todas as propostas culturais presentadas polos concellos adheridos".
A Rede Provincial de Auditorios naceu co obxectivo de ofrecer unha programación cultural coordinada entre Deputación e concellos, para fomentar e difundir a música e as artes escénicas na provincia de Ourense.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DÍA MUNDIAL CONTRA ESTA ENFERMEDAD
Ourense apuesta por la investigación contra el cáncer
SEXTA PROVINCIA CON MENOS INVERSIÓN
Ourense se sitúa a la cola de España en atracción de inversión extranjera
Lo último
LA REVISTA
PALCO, o novo escaparate para Galicia
ASESINATO DE EDWIN ARRIETA
La Justicia tailandesa rechaza los recursos de Daniel Sancho y mantiene su condena a cadena perpetua