GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
ESPECTÁCULO DE FOLCLORE
O Claustro Barroco do Mosteiro de San Salvador de Celanova albergou onte o inicio da xira provincial da XXXIX edición das Xornadas de Folclore de Ourense. A cita, que supuxo tamén o pistoletazo de saída ás festas patronais do San Roque que ata o sábado encherán de música e animación as rúas da localidade, contou coa participación das agrupacións de Panamá, Senegal e México.
Veciños e veraneantes da comarca das Terras de Celanova acudiron fieis a súa cita co folclore nun espectáculo que xa é tradición entre grupos de amigos e familias, do cal desfrutan a partes iguais fillos, pais e avós. Tras a benvida por parte do presentador, os 45 integrantes da Academia Andrés Valiente, Danzas y Proyecciones Folklóricas foron os primeiros en subir ao escenario con propostas creativas sen perder esencia das danzas folclóricas do país.
A continuación foi a quenda do ballet Jammu de Senegal quen amosou os ritmos e cores africanos no solpor celanovés. O Ballet Folclórico do Instituto Tecnolóxico de Celaya (México), que neste ano 2024 conmemora o seu 50 aniversario, completou o cartel programado para a vila de San Rosendo amosando un amplo repertorio dos bailes tradicionais mexicanos.
Con cambio de vestuario incluído, os integrantes das tres agrupacións protagonizaron unha segunda quenda de exhibicións evocando a maxia, a historia e a cultura das súas respectivas rexións, aínda que a derradeira actuación dos mexicanos viuse afectada pola choiva obrigando aos asistentes a refuxiarse nos claustros.
A segunda parada a noite foi no Barco de Valdeorras. Ante un entregado público concentrado no paseo do Malecón, as agrupacións Fundación Ballet Folclórico de Nobsa de Colombia, Yuan-Yaun de Taiwán e Huo Srem deSerbia amosaron un colorido espectáculo que converteu a noite barquense nunha rica experiencia de apertura ao mundo e as súas tradicións.
As delegacións participantes nestas XXXIX Xornadas de Folclore de Ourense serán recibidas hoxe, ás 12,00 horas, no salón de plenos do Pazo Provincial polo presidente Luis Menor. A Deputación de Ourense, a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, organiza este evento que conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e dos diferentes concellos anfitrións.
Pola noite, será a quenda das vilas de Maceda e Verín. O Ballet Folclórico do Instituto Tecnolóxico de Celaya de México, os senegaleses do Baillet Jammu e a Academia Andrés Valiente, Danzas e proxeccións de Panamá serán os protagonistas na noite macedá, nunha exhibición programada a partir das 22,30 horas, na rúa do Toural. A mesma hora no Parque da Preguiza en Verín, abrirán a festa da cultura os colombianos da Fundación Ballet Folclórica de Nobsa, seguidos do grupo de Taiwán Yuan Yuan Dance Group e pecharán a noite os serbios de Kud Srem.
A xira pola provincia, que durante dez días percorrerá 16 municipios ourensáns, rematará o mércores día 21 á 23,00 horas no Auditorio do Castelo coas seis compañías participantes nesta edición.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
ROBOS DE COBRE
A la caza del “oro rojo” en Ourense
PUNTOS CRUCIALES
Imágenes aéreas | Un recorrido aún sobre plano
Lo último