EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Natural da cidade de Ourense, Roberto Rodríguez González presenta hoxe ás 20:30 “Teimas dun ninguén” en A Galleira, na Praza San Cosme. Trátase da primeira obra publicada deste autor de 40 anos, pai dunha filla e graduado en Traballo Social.
Dende cando escribes poesía?
Teño pezas escritas con 19 ou 20 anos, pero levo oito anos facendo poesía de forma habitual. Foi algo espontáneo que chegou con máis experiencias vividas. Tamén fixen no confinamento unha novela sobre as últimas 24 horas dun condenado a morte. Non está publicada, pero a ver se hai sorte e pode publicarse a través dalgún concurso de narrativa.
Escribir poesía de forma habitual foi algo que chegou con máis experiencias vividas
Cando xurdiu a idea de facer este recopilatorio?
De todo o que escribín estes últimos anos, cando vin que tiña un mínimo para facer un poemario empecei a mandalos a concursos. Foi premiado no certame de poesía Xosé Manuel López Ardeiro e tiven ocasión de estructuralo e publicalo. Polo momento é o primeiro, pero teño outros 30 ou 40 poemas sen publicar.
Os poemas do libro agrúpanse en catro temáticas. Cales son?
Descartei a orde cronolóxica e vin que case tódolos poemas xiraban en torno a catro eixos. O primeiro de temática social, máis reivindicativo. O segundo máis íntimo, das miñas opinións. O seguinte sobre o ‘eu’ amante, de temática amorosa. O último trata do ‘eu’ pai, a etapa da paternidade que proporcionou moita inspiración e que conta con algúns dos meus poemas favoritos.
Tratei de rememorar a vida de persoas que hoxe xa non están entre nós
Que denuncias sociais ou impresións persoais reflexas?
Pois hai varias cousiñas, por exemplo sobre como a sociedade actual depende máis das máquinas, os límites da liberdade, ou a miña época como orientador social en Ourense. Traballei con persoas con problemas de saúde mental e tratei de rememorar a vida destas persoas anónimas que hoxe xa non están con nós.
A paternidade foi unha experiencia moi intensa
Que mudou na túa escritura e na túa vida pola paternidade?
Nos poemas aparecen reflexados eses aspectos da vida que cambiaron, como o tempo de ocio que podes ter, o tempo do qu un dispón… a paternidade é unha experiencia moi intensa. Algúns poemas da última parte incluso tratan o futuro, como que lle diría á miña filla cando sexa adolescente ou que pensaba nesta época.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último