EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
OS ROSTROS DE NÓS
No ano en que morría Parada Justel en Ourense, 1902, nacía Cándido Fernández Mazas, o artista ilustrador que pecha a esta serie. Así son os fíos da vida. Outro deles, de xeito cultural, é este cartaz publicitario que aquel fixo para a Revista Nós, recente adquisición da Deputación ourensá en coincidencia co centenario da aparición daquela publicación que saíu do prelo en Ourense o 30 de outubro de 1920 “Pra ledicia de todos e pra enseño de moitos”. Este cartaz, descoñecido até que foi adquirido pola Deputación e amosado no seu Centro Cultural na recente exposición “De Nós a nós” realizada na nosa cidade, acompañado de debuxos e capas de libros saídos da súa man, e preto desa composición expositiva, os tres cadros que atesoura a institución provincial.
Fernández Mazas (Pedrouzos, Castro Caldelas, +1942) foi un artista de breve vida e reducida produción plástica. Fillo dun oficial do exército e de Remedios González Mazas, precoz como dan conta seus debuxos con dezaoito anos que garda a Fundación Risco. Coñecido como “Dichi”, apaixonado de Hegel e Kant, destacou pola súa dialéctica con chispa, e malia dalgunhas propostas que batían coas do grupo Nós, na revista viu a luz “Arco da vella” en decembro de 1922. As leccións de debuxo de Luís Fernández Pérez, o “Xesta”, axudarían para conseguir beca da Deputación para facer estudos pictóricos en París na Académie de la Grande Chaumière en 1925, voltando entre 1927-1928, anos dos óleos conservados, dun aire Art Déco. As súas ilustracións saíron nas revistas Alfar ou Ronsel, e periódicos como La República e El Combatiente Rojo. Fixo capas de libros para Xavier Bóveda en 1922, e Francisco Luís Bernárdez, 1923. Escribiu dende moi novo en La Zarpa, 1918, e publicou “Santa Margorí”, en Madrid, 1930, onde vivía e era coñecido como “marzas”. “Los cuernos disparados”, 1931, permaneceu até pouco inédita. Nesta década de polarización política posiciónase ideolóxicamente escribindo para A.T.E.O., en 1933, e participando nas Misiones Pedagógicas, sendo o seu cartaz do “Teatro de títeres” o oficial do Patronato de Misiones. Durante a guerra fixo o Álbum “Ellos. La España de Heraclio Fournier”. Liberado do campo de concentración e cárcere de Valencia por Sebastián Martínez-Risco, xuíz militar, foi confinado nas montesías terras de Pedrouzos...
O cartaz que nos ocupa amosa cunha caligrafía angulosa en letras capitais enmarcadas en negro a mensaxe publicitaria. “NOS [sic], arriba e no pé “REVISTA DA CUL * / TURA * GALEGA * / * OURENSE “, para concluír noutro tamaño menor “GRABADO * CÔREA’ / DO * DE * FR * MAZAS”. Unha figura sentada de perfil subliña o nome da revista en verde cunha vara que sostén na man pintada coa mesma cor, a mesma da meixela, cubríndose cun sombreiro vermello de anchas ás, baixo do que asoma a melena. Un fermoso linóleo aínda sen datar na biografía deste gran creador da vangarda galega, ao que se lle dedicou o Día da Ilustración 2020.
MAÑÁ, DOMINGO, O CARTAZ VANGARDISTA DE MAZAS
Os lectores de La Región que compren mañá o xornal conseguirán o décimo e derradeiro exemplar da colección de láminas adicadas aos persoeiros da Xeración Nós, tralos retratos de Pedrayo, Risco, Castelao, Cuevillas, Noguerol, Ben-Cho-Shey, Cabanillas e Antón Losada. A serie remata cun agasallo especial: o célebre cartaz que realizou en 1920 o autor ourensán Fernández Mazas para a revista, reflectindo o seu interese polas correntes vangardistas que estaban a explotar por toda Europa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del CHUO atiende 300 enfermos de cáncer al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último