PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
cultura
O verán é o momento perfecto para descubrir os rincóns máis especiais da provincia e coñecer un pouco máis da súa historia.
O mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, monumento románico que data do século IX e que xa está en desuso, abrirá as súas portas mañá, ás 20,30 horas, para acoller un roteiro teatralizado polas súas instalacións, baixo o título de "Solpor no mosteiro". Os visitantes, que poderán ser como máximo 35 persoas, terán a oportunidade de adentrarse nos segredos máis íntimos do lugar, ademais de gozar da compaña dos monxes benedictinos, o que promete convertir a xornada nunha experiencia única. A máquina do tempo activarase para revivir o día a día do mosteiro.
Para inscribirse a visita é preciso enviar un mail ao turismo@ribeirasacra.org. O prezo é de 6 euros por persoa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
TIRÓN INMOBILIARIO
La compraventa de vivienda apunta a otro año de récord en Ourense
Lo último