REFERENCIA GASTRONÓMICA
Hasta luego, Casa Amador
O Consello da Xunta acordou onte destinar máis de dez millóns de euros en axudas -a 369 beneficiarios- para levar a cabo accións silvícolas en preto de 4.600 hectáreas de coníferas e frondosas. Case a metade do orzamento asignado e da superficie favorecida corresponden á provincia de Ourense, xa que 111 beneficiarios recibirán 4,5 millóns para efectuar traballos nun total de 2.078 hectáreas.
Segundo detallaron fontes da Consellería de Medio Rural, o orzamento enmárcase nas axudas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios forestais e desastres naturais, así como para o incremento do valor ambiental dos ecosistemas forestais. Foron convocadas en xaneiro de este ano e a partida foi incrementada ante a boa acollida.
A orde aprobada pola Xunta establece dúas liñas de axudas. Unha, dedicada a tratamentos silvícolas como rozas e podas para crear discontinuidades no terreo. A outra, para incrementar os valores ecolóxicos dos bosques que non teñan carácter produtivo. O orzamento distribúese en dous anos para asegurar “unha necesaria continuidade na actividade das empresas do sector forestal”, explican dende Medio Rural. Entre 2016 e 2022, a Xunta concedeu máis de 77 millóns de euros a uns 3.000 beneficiarios.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
REFERENCIA GASTRONÓMICA
Hasta luego, Casa Amador
OFERTA RÉCORD A NIVEL ESTATAL
El CHUO gana seis plazas MIR, Ourense llegará a las 57 el año que viene
Lo último
José Luis Fernández Carnicero
MI PLAN PERFECTO
Lembranzas en Catalunya
PRÓXIMA TEMPORADA
Dos cromos azulones más en el Ourense CF