O Sergas adxudica oito prazas fixas de Pediatría

Sanidad

Son postos de difícil cobertura nos hospitais comarcais e en Primaria

Publicado: 02 mar 2024 - 07:00 Actualizado: 02 mar 2024 - 09:31

Imagen de la exposición en el área de Pediatría.
Imagen de la exposición en el área de Pediatría.

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) adxudicou as oito prazas de Pediatría da provincia da convocatoria por concurso de méritos para postos de difícil cobertura, publicada en maio do 2023. Os oito profesionais seleccionados acceden así á condición de pediatras con praza en propiedade. Os postos correspóndense cos hospitais comarcais do Barco e Verín, e con diferentes servicios de Atención Primaria da área sanitaria. En particular, unha praza no hospital de Valdeorras, dúas no de Verín, dúas no centro de saúde de Verín, unha no do Barco, unha en Carballiño e outra praza, de tipo itinerante, que abarca Maceda, Castro Caldelas e Trives. “Son boas noticias, a adxudicación xa foi comunicada e esperamos que en poucas semanas xa empece o período efectivo de toma de posesión”, sinala Félix Rubial, xerente da área sanitaria, quen destaca que catro dos novos pediatras chegan dende fóra da provincia.

O proceso permite dar resposta á falta actual de profesionais sanitarios e deste xeito resolver “unha situación enormemente complexa”, en palabras de Rubial. “Non afecta só a Ourense, senon tamén a toda España”, recalca. Nese sentido, o xerente pon en valor a iniciativa do Sergas para cubrir prazas de difícil cobertura. “Galicia é a única comunidade autónoma que está publicando convocatorias deste tipo, de acceso a prazas en propiedade sen oposición, o que supón un atractivo importante para os profesionais e nos permite cubrir os postos cun pouquiño máis de facilidade”, explica. O pasado decembro xa se adxudicaron a maioría das prazas relativas a Medicina de Familia, dentro da mesma convocatoria. “Quedan por resolver 40 postos dos hospitais comarcais, ademais de prazas no ámbito da saúde mental”, apunta.

Carballiño

A praza de Pediatría do Carballiño adxudícase tras meses de mobilizacións das familias ante a falta de profesionais. Rubial considera que a incorporación deste novo profesional dará resposta ás necesidades da poboación. “As dúas prazas que hai vacantes no Carballiño non as puidemos sacar a concurso nesta convocatoria, porque no momento que se publicou non estaban baleiras. Pero sabendo que un dos médicos se ía xubilar, sacamos esta praza adicional. Este pediatra, xunto ca persoa que xa está atendendo aos nenos, cubrirá as necesidades”, sinala.

Contenido patrocinado

stats