RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
A Xunta deberá definir nas vindeiras datas as condicións de integración das Escolas de Enfermería na Universidade de Vigo, unificando nunha soa facultade as escolas de Vigo, Pontevedra e Ourense, o que pon en risco a autonomía da escola ourensá. Por isto, a sociedade civil ourensá manifestou onte a súa vontade de que Ourense non se converta nunha “sucursal” dunha posible “sede central” destes estudos. Por unha banda, a plataforma Pro Campus aposta pola implantación descentralizada de Enfermería, xa que pasar a ser un centro “secundario” implicaría que “non quedaría nada relevante en materia de investigación”. Pola outra banda, o Foro Liceo instou á Xunta a que “arbitre os mecanismos que garantan que a Facultade de Enfermería se implante dun xeito absolutamente descentralizado para que a súa sede ourensá poida desenvolverse na dinámica razoablemente autónoma da que gozan todos os centros da UVigo”.
Polo momento, a UVigo está propoñendo esa facultade descentralizada nos tres Campus, pero dende Pontevedra estase a reivindicar que o seu debe acoller esa “sede central”. Dende o Foro Liceo critican este “enfoque centralista” xa empregado con outros organismos precedentes, coma o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, ente creado en 2008 e actualmente centralizado no Álvaro Cunqueiro de Vigo e que, transcurridos 15 anos, “o volume de investigación biomédica en Ourense ten diminuído con respecto aos niveis que tiña antes”. Ademais, dende Pro Campus sinalan que, de haber unha sede central, “daríanse clases coa precariedade que conleva depender administrativamente de Pontevedra”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
Lo último
10.178.625 MAYORES EN TOTAL
España supera los 10 millones de personas de más de 65 años, el 20,7% de la población total
TRAYECTORIA LITERARIA
La escritora española Cristina Fernández Cubas gana el Premio Cervantes 2026