Taboadela e Amigos de Galicia loitan contra a exclusión social
SOCIAL
Asinaron dous convenios para levar a cabo un "Plan Integral de Loita contra a pobreza e a Exclusión Social".
O Concello de Taboadela asinou dous convenios coa Fundación Amigos de Galicia para levar a cabo un "Plan Integral de Loita contra a pobreza e a Exclusión Social". O primeiro destes convenios ten por obxectivo distribuír alimentos e outros produtos básicos a persoas que pertencen a colectivos en situación de vulnerabilidade social, entre os que se encontran mulleres vítimas de violencia de xénero, familias monoparentais, parados de longa duración, menores e anciáns en situación de risco de exclusión social.
Coordinación
O segundo convenio ten por obxecto a colaboración e coordinación cos servizos sociais Concello para atender a diferentes colectivos, prestar "de forma eficaz o servizo e garantir o acceso dos veciños a uns servizos públicos de calidade", di o alcalde, Álvaro Vila.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRODUCCIÓN VITIVINÍCOLA
Las heladas tardías provocan daños puntuales en las vides de la D.O. Monterrei
Lo último
CONCEDIDO POR EL GRUPO EL PROGRESO
El columnista Rafa Cabeleira destaca el valor de "contar ben as cousas" al recibir el XXXIII Premio Puro Cora
LA XUNTA ANALIZA EL DECRETO
Hasta 20.000 extranjeros se beneficiarían de la regularización de inmigrantes en Galicia