ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
ECOAGRO
Unións Agrarias lamenta a inacción da Consellería do Medio Rural ante o “grave problema” de acumulación de stock que afecta á DO Ribeira Sacra. Así, ás portas desta nova campaña, produtores e adegas desta denominación de orixe enfrontan unha situación que pode obrigar a deixar sen recoller a uva duns 600 viticultores.
A organización agrogandeira fai un chamamento in extremis e insta ao goberno galego a actuar para que os viticultores da zona conten con garantías de recollida na vendima que se aproxima. “Xa non queda tempo, e é fundamental que non queden uvas colgadas e que se garantan prezos por enriba de custos de produción, tal e como marca a lei”, comunican.
Consideran imprescindible actuar para garantir a rendibilidade e o futuro dun sector esencial para a economía da comarca debido ao forte vínculo existente entre a viticultura e a conformación da paisaxe, a conservación e a xestión do territorio e a orografía desta zona.
”Falamos dunha DO pequena, pero esencial para o conxunto da comarca: para o turismo e o conxunto do tecido socioeconómico. Igual que cando outros sectores tiveron problemas se tirou de fondos públicos para axudalos a saír do bache, agora toca poñer cartos enriba da mesa para evitar o abandono das vides da Ribeira Sacra”, asevera Unións Agrarias, que lembra a candidatura a Patrimonio Mundial da Unesco á que aspira a zona.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: lunes, 2 de noviembre
DOBLETE DEL OURENSANO
Martín Lamelas lleva al Arenteiro hasta el triunfo ante el Celtiga (2-0)