ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
O Concello de Toén anunciou onte, a través dunha nota informativa, a apertura das piscinas municipais. O espazo lúdico de baño do concello metropolitano abrirá por primeira vez as súas portas mañá, en horario de dúas da tarde a nove e media da noite. Segundo o texto da nota, as piscinas pecharán o 1 de setembro. Calquera modificación no horario de apertura será comunicada tamén a través dunha nota informativa, segundo reza o documento asinado polo alcalde de Toén, o popular Ricardo González.
Por outra banda, o Concello de Amoeiro xa seleccionou os socorristas que velarán pola seguridade dos usuarios da piscina municipal de Costademonte. Un decreto asinado polo rexedor socialista José Luis González asigna as dúas prazas dispoñibles para cubrir este servizo, e establece tamén un suplente en caso de vacante ou renuncia dos escollidos. Deste xeito, e de non renunciaren os candidatos, as piscinas teñen vía libre para abrir en materia de seguridade, un asunto de solución cada vez máis difícil para os concellos ourensáns pola escasez de profesionais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
Lo último
CUATRO VIVIENDAS DESALOJADAS
El Concello de Verín realoja temporalmente a los afectados por el incendio que calcinó el tejado de un edificio