ACUERDO IN EXTREMIS
La odisea de renegociar el contrato de las antenas de telefonía en Ourense
Reportaxe
Para Benito Fernández López onte non foi un aniversario máis. Toda a súa familia concentrouse na aldea de Trelle, na de toda a vida, para celebrar con el os seus 100 anos. Todo un acontecemento na aldea, tanto que nin o alcalde, Ricardo González, quixo deixar pasar a oportunidade de celebrar cun dos veciños máis lonxevos do concello, entregándolle unha placa conmemorativa por esta efeméride.
“Coma toda a xente de antes, non levou unha vida fácil e tivo un pouco de todo”, explica o seu neto Víctor. Asegura que “foi un día de inmensa felicidade para toda a familia: xuntámonos fillos, netos, bisnetos e demais para celebralo por todo o alto”. Ademais, para a ocasión contrataron a unha pulpeira, que se encargou do menú da celebración. “Sempre lle tocou traballar de sol a sol e sempre sen queixarse”, conta Víctor, engadindo que “el era un dos que ían cada ano a pé ata Castela para a temporada da sega”.
Ademais, celebran que “dentro da idade, sigue mantendo perfectamente as súas facultades”. Isto demóstrao co seu afán de estar informado, “é un lector diario de La Región, e non hai unha noite que non se deite coa radio posta. Gústalle moito estar informado”. A familia é un dos pilares da vida de Benito, casou novo, coma era habitual na época, no ano 1947, e estivo coa súa dona, a día de hoxe falecida, durante 65 anos, ata o pasamento dela, Amparo Abad.
Deste xeito, catro xeracións da familia reuníronse onte en Trelle para celebrar unha data tan sinalada. E para algúns, non foi doado asistir. Se ben é certo que “a maioría estamos todos aquí, houbo uns primos que viñeron de pé feito dende Suíza para pasar este día en familia”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACUERDO IN EXTREMIS
La odisea de renegociar el contrato de las antenas de telefonía en Ourense
FESTA DO PAN DE CEA
Cea presume de tradición en la gran fiesta que exalta su pan
TEMPERATURA ELEVADA
Galería | El calor domina la Festa da Empanada de forquelhas de Entrimo
PASEO LITERARIO
Piñor rescata los veranos de Carmen Martín Gaite
Lo último
Fernando Lusson
La justicia tiene un problmea
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 7 de julio