EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
TRIBUNA
Asistín hai uns dias a unha mesa redonda online sobre o presente e futuro do sector turístico e as consecuencias da pandemia do covid-19 en Galicia. Entre outros, falou un representante do sector que deixou sobre a mesa unha afirmación estarrecedora: “O 30% do sector turístico de Galicia desaparecerá con motivo desta pandemia”.
O sector turístico de Galicia, como media das fontes consultadas, supón o 11% do PIB do país e emprega unhas 124.000 persoas. Só en hostaleira e restauración temos 20.900 locais. De cumprirse o vaticinio estariamos a falar da desaparición de 6.240 centros de traballo e da destrución de mais de 37.000 empregos.
O mais chocante da situación foi que os representantes da Xunta presentes nese encontro (presidente, conselleiro de Cultura e Turismo, conselleiro de Economía e Secretaría Xeral de Turismo) non desmentiron nin contestaron tal afirmación.
Durante esta crise, creo que as asociacións de hostaleira se equivocaron reclamando “abrir canto antes” e pedindo unicamente miudezas non acordes co estado dramático do sector (non pagar a taxa do lixo, condonar o IBI, que nos atrasen o IRPF...). Non é que isto non sexa importante, pero son cuestións case irrelevantes en comparación co “problemón” ao que se enfronta o sector en Galicia. Temos tuberculose e piden aspirina. O Goberno central tomou decisións importantísimas que paliaron a situación ao principio do estado de alarma (ERTE), pero agora está a tomar unicamente decisións sanitarias conxunturais (condicións para a reapertura) sen enfrontar o caos estrutural da hostaleira en Galicia. E para mais angustia, resulta desesperante comprobar o papel de comparsa asumido pola Xunta en todo este proceso.
Cando as minas de carbón non poden seguir traballando a pleno rendemento aos traballadores non se lles perdoa o recibo do lixo. As administracións fan prexubilacions, pagan indemnizacións ás empresas, incentivan os empresarios para o mantemento dos postos de traballo… Rescátase o sector. Cando o sector naval non pode seguir traballando a pleno rendemento non se lle quita o IBI aos estaleiros. Faise unha reconversión que implica fortes inversións públicas para prexubilar xente, manter as empresas que se poidan manter, subvencionar a creación de novas actividades empresariais… Rescátase o sector.
Pode que o sector turístico en Galicia non sexa unha peza estratéxica da nosa base produtiva como o é o sector primario ou industrial. Pero é sen dubida un sector laboral e socialmente imprescindible para o mantemento da nosa economía e do benestar do conxunto do país.
Un sector que agora, polo necesario cumprimento dunhas medidas de protección sanitaria que nos afectan e interesan a todos, terá que traballar nunhas condicións tremendamente difíciles que farán imposible en moitos casos a súa viabilidade.
O sector terá futuro se o Goberno galego inicia un programa de modernización, adaptación e dinamización
O problema do sector turístico en Galicia non se vai solucionar con subvencións mais ou menos avarentas ou xenerosas. O sector terá posible solución de futuro se o goberno galego, depositario de todas as competencias neste ámbito, inicia un programa de modernización, adaptación e dinamización para acompañar ao ámbito empresarial nesta nova etapa. Con importante inversión publica, si, pero tamén con decisiva dirección política. Isto non vai só de axudas. Isto vai de rescate e reconversión.
Ao pé das súas innumerables virtudes, o sector turístico en Galicia ten mostrado nesta crise algunha das súas carencias. Temos un sector no que a representatividade sindical dos traballadores é escasa e no que a representación empresarial, agás honrosas excepcións, está anquilosada e vive mais preocupada por sentarse na mesa do poder que de analizar e responder á situación que estamos a vivir. Só así se pode entender que se anuncie o desastre certo e que a continuación non pase nada. O turismo en Galicia non ten que lle escriba. Polo menos ata de agora.
*Empresario de hostelería
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, domingo 21 de diciembre?