ASAMBLEA EMPRESARIOS DEL POLÍGONO
Los empresarios del Polígono exigen la terminal ferroviaria
UNIVERSITAS
Os catorce membros do equipo de Formula Student da Universidade de Vigo están na conta atrás. O monopraza que están a construír correrá en tres das probas da competición educativa, en concreto en Formula Student Germany no circuíto de Hockenheim, na Formula Student Spain en Montmeló e en Formula Student UK, en Silverstone. Ilusionados pero tamén pendentes de acadar o financiamento preciso para este proxecto, actualmente atópanse na fase de construción do coche, que agardan ter rematado a finais de abril ou comezos de maio. O líder do equipo UVigo MotorSport, Josué Nanín, e o responsable de márketing e comunicación, Gonzalo Ferreiro, xunto coa profesora Ana Mejías mantiveron unha xuntanza co alcalde de Vigo, Abel Caballero, para presentarlle un proxecto que, como apunta Ferreiro, "representa á EEI, á Universidade e a Vigo". O alcalde garantiu a cooperación municipal na iniciativa que constata, segundo Caballero, a "enorme capacidade de desenvolvemento tecnolóxico que ten esta Universidade". Os estudantes valoran moi positivamente esta xuntanza, na que lle presentaron ao rexedor vigués o equipo, o deseño e tamén os patrocinadores.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ASAMBLEA EMPRESARIOS DEL POLÍGONO
Los empresarios del Polígono exigen la terminal ferroviaria
152 DESALOJOS EN 2025
Los desahucios en Ourense, en máximos desde la pandemia: uno cada dos días y medio
Lo último
TERCERA FEDERACIÓN
El Barco vence por la mínima y ya es colíder (1-0)
La Región
Apoyemos las ideas constructivas
SIGUE EL DESCENSO
La compraventa de vivienda cae un 7,1% en el primer semestre