UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
En calquera caso, as institucións e os expertos ourensáns non son alleos á importancia que tivo, ten e seguirá tendo Vázquez-Gulías para o urbanismo dunha cidade que agarda pola volta da ordenación municipal. Deste xeito, o Concello ten en mente a posta en marcha dun roteiro que leve a oriundos e turistas pola obra máis significativa do senlleiro arquitecto. 'Tal e como temos outros percorridos coma o da Esmorga, por exemplo, este sería urbano e visitaría a súa obra'. Así o conta a concelleira de Cultura, Isabel Pérez, entendendo que a pegada do arquitecto ten unha 'importancia capital' para Ourense. Pero non só. Recorda tamén que o nome de Daniel Vázquez-Gulías está ligado ó do termalismo. Do seu maxín xurdiu a estructura da desaparecida Casa de Baños e seu é tamén o deseño do Gran Hotel da Toja.
O roteiro estaríase proxectando entre as concellerías de Cultura e Urbanismo. A responsable desta última, Áurea Soto, sinala que se completaría cunha análise recompilatoria que recolla unha relación de edificios, así coma o estado no que se atopan na actualidade. A maioría son de titularidade privada, segundo lembra Soto. Un deles é 'dos máis bos' para a concelleira, tanto por dentro coma por fóra. Trátase do situado na praza Alférez Provisional, que conta cunha farmacia no piso baixo. Nun determinado momento existiu un proxecto para 'darlle catro alturas máis', pero iso suporía a desaparición de elementos tan simbólicos coma o lucernario. Hoxe, quedou inhabilitado. Coa beleza do edificio coincide o arquitecto Xan Rodríguez. 'Se hai que acudirlle a algún é a ese', asegura.
DESCOÑECEMENTO
A pesar de que 'o 80% das pezas máis importantes da cidade son súas', como apunta Áurea Soto, o grao de coñecemento da sociedade non é moi elevado. Iso debería ser o revés, ó seu entender. 'A xente coñece o Santo Ángel, pero poucos saben que o fixo Vázquez-Gulías, unha figura indiscutible', en palabras da edil de Cultura. Aínda que o seu traballo está, por suposto, 'recoñecido' entre os profesionais da arquitectura, non é tan evidente que os cidadáns do común saiban del, por iso, 'nunca están de máis as relembranzas'. Xan Rodríguez enténdeo como 'unha cuestión case cultural'. O tamén arquitecto Emilio Fonseca considera a Vázquez-Gulías un home de 'verdadeira importancia na cidade, cun percorrido interesante que cada vez está máis recoñecido entre os especialistas'.
O actual é o ano no que se cumpren 75 do pasamento de Vázquez-Gulías. É certo que, sen saber seguro que son seus, non é doado identificar os edificios do arquitecto. O motivo non é outro que o eclecticismo da súa obra. Xan Rodríguez defíneo como 'un arquitecto ben dotado que, cando deseñaba tiña en conta a composición'. A el, en boa parte, débeselle a harmonía que a comezos do século pasado foi collendo o urbanismo ourensán.
Así o entende Fonseca. Para el, as principais influencias do arquitecto de comezos do século XX estarían no modernismo ou na secesión vienesa, aínda que 'tamén bebe do clasicismo'. O seu traballo, aínda variado, non debe considerarse de xeito illado, senón que a concepción que Daniel Vázquez-Gulías tiña da cidade era en conxunto. Os 'felices anos 20', lembra Emilio Fonseca, supuxeron un 'desenvolvemento urbano moi importante'.
É moita a obra que se conserva del. Pero foi moita tamén a que desapareceu. Unha das últimas, 'que foi unha mágoa', foi o edificio do Garaxe Americano (fronte a Fenosa), pero no maxín colectivo permanecen tamén a Casa de Baños e a grandiosidade do Hotel Roma.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
VACUNACIÓN MASIVA
Nueva convocatoria contra la gripe para mayores de 60 años
Lo último
HISTORIA DE SUPERACIÓN
De estar 15 años en prisión a ser el pastor de su propia iglesia en la calle Greco
TERCERA FEDERACIÓN
Arranca la era del técnico Agustín Ruiz en el Barco
Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Crisis en Barbadás
El PP barbadés se queda por ahora en la oposición