INFORME DE LA SEOPAN
La cuenca Miño-Sil requiere 1.500 millones de inversión
VISITA AO HOSPITAL
Inma Soto Iglesias, educadora ambiental e membro do grupo de Narración Oral Galega (NOGA), fixo unha visita moi especial no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Acompañada do seu libro, "Xela, a superheroína da aldea", pasou un anaco con Victoria, outra gran loitadora, como a protagonista do conto do que é autora. Victoria atópase no CHUO estes días porque está pachucha e debe estar ingresada na área pediátrica do hospital, e a visita de Inma enchéuna de ledicia.
Xuntas, unha lendo e outra escoitando, viaxaron con Xela a través das historias que conta das súas aventuras polo rural. Como só puido estar Victoria presente, Inma Soto encargoulle unha importantísima tarefa: contar aos demais nenos ingresados o conto de "Xela, a superheroína da aldea", e transmitirlles enerxía e folgos a través das aventuras da súa protagonista. Deseguro que o consegue!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Aquellas divertidas erratas de la prensa local
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Los lunes sin "leición"
Emilio R. Portabales
TRIBUNA
Moitas grazas, Ourense
"NATURALIDAD Y NORMALIDAD"
Juan Carballo, entrenador de la UD Ourense: "No debemos de ser alarmistas"