FESTA DO PAN DE CEA
Cea enciende los hornos, comienza la fiesta
UNIVERSITAS
Pura enerxía. Iso é o que desprendían as preto de 200 persoas que este xoves se deron cita na Praza Maior de Ourense para participar nas XII Xornadas Interxeracionais. Maiores, estudantes universitarios e escolares xuntáronse para, a través do xogo e a convivencia, divertirse e vivir unha experiencia diferente e enriquecedora para todos. Son poucas as ocasións nas que, fóra do contexto familiar, xeracións tan diversas poden relacionarse polo que, roto o xeo inicial, cada un dos participantes aproveitou ao máximo esta oportunidade.
As xornadas, que se enmarcaron dentro do programa da II Semana da Promoción Social que se celebrou esta semana no campus de Ourense, estiveron organizadas polo alumnado de primeiro curso de Educación Social, co apoio dos compañeiros de segundo que levaron a organización o pasado ano. "A idea é que nenos e maiores convivan e o pasen ben, coa nosa axuda e facendo o que mellor saben todos eles, que é xogar. É unha actividade que facemos en equipo e para a sociedade, dúas cousas que están moi na esencia da educación", destacaban na inauguración da cita Patricia Santamaría, Lucía Almuiña e Sara Fantoira, tres das organizadoras. Para estes futuros educadores e educadoras sociais, sinalaron, a celebración desta xornada supón unha práctica do que será o seu futuro traballo na sociedade, unha vez rematen os seus estudos universitarios.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PAN DE CEA
Cea enciende los hornos, comienza la fiesta
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que las bicicletas son para el verano?
CANDIDATURA A PATRIMONIO MUNDIAL
De Armenia a Vietnam: los 21 países que decidirán el futuro de la Ribeira Sacra
PATRIMONIO DE LA HUMANIDAD
Bum inmobiliario: la compraventa de vivienda en la Ribeira Sacra se duplica en la última década
Lo último
Nemesio Barxa
Há 90 anos nos roubarom a república
MICROESTADO INDEPENDENTE
A Raia mantén vivo o Couto Mixto, a súa desaparecida república de liberdade
SENDA 0011
El jefe que aprende a faltar