EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
TOP 10 EUROPEO
O Mestrado en Xestión Empresarial do Deporte, que se imparte na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense, arrancou este curso académico 2024/2025 sumando bos resultados. Por unha banda, acadou un ano máis estar no “top-ten” europeo dos mellores posgraos da súa área e, por outra, continúa a afianzar a súa faciana internacional, acollendo este ano estudantes de once nacionalidades.
No ránking SportBusiness de 2024, feito público recentemente, este mestrado sitúase sétimo de Europa e 25 do mundo. Sobre este resultado, Patricio Sánchez, coordinador do título, sinala que “supón toda una alegría (e unha responsabilidade) que un posgrao como o noso se posicione nun ránking tan prestixioso, ao carón de universidades internacionais de referencia no ámbito da xestión deportiva”.
SportBusiness é unha asociación da industria do deporte, principalmente profesionais, que conta con diferentes ránkings, un deles dedicado á formación de posgrao. Así, o SportBusiness Postgraduate Rankings preséntase como “o ránking máis completo e detallado” dos mellores posgraos de xestión deportiva, tendo como obxectivo proporcionar a alumnado e profesionais “o sistema de clasificación máis confiable e respectado” no seu eido.
Para acadalo, a entidade valora aspectos de cada mestrado como a internacionalización de alumnado e profesorado, a calidade docente ou a empregabilidade.
Este bo posicionamento no ránking, comenta Patricio Sánchez, “é resultado do esforzo e traballo colectivo de moita xente á que non queremos deixar pasar a ocasión de dar as nosas máis expresivas grazas. Profesorado e alumnado son a base do noso traballo e compromiso”.
Este traballo colectivo, indica, ten permitido ao mestrado, chegar este curso á edición número 14 cubrindo todas as súas prazas (25) e seguindo aumentando o seu carácter internacional. Así, este curso académico conta con alumnado de, ademais de España, países como Brasil, Cuba, Alxeria, Arxentina, Venezuela, Perú, Uruguai, Portugal, Reino Unido e Colombia.
“Fáltanos conseguir unha oferta académica en inglés”
En relación á internacionalización, Patricio Sánchez punta que algo distintivo deste mestrado é que é integramente presencial, “o que implica que todos estes estudantes veñen a Ourense dende os seus lugares de orixe, pasando un curso aquí”. Esta internacionalización é crecente ano a ano, sinalando Patricio Sánchez que “o noso espectro é cada vez máis amplo, podendo dicir que Iberoamérica xa está practicamente cuberta e o norte de África tamén” ao longo destas 14 edicións do mestrado. O grande reto aquí, engade o docente, “é conseguir facer unha oferta en inglés, que nos posibilitaría achegarnos a un público moito máis amplo”.
Se é diversa a procedencia do alumnado igualmente o é o seu perfil. “Unha característica da que nos sentimos moi orgullosos é que o perfil académico do noso alumnado é cada vez máis heteroxéneo e, polas características propias do deporte, cada vez achégasenos máis xente do mundo do dereito, da educación ou da psicoloxía, tendo este ano incluso un xornalista”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del CHUO atiende 300 enfermos de cáncer al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La creatividad y la política
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Febrero, el coreógrafo breve
Fermín Bocos
La insostenible posición de Óscar Puente
PRIMERA FEB
El COB se ahoga en Fuenlabrada (78-71)