UN LUGAR DIFERENTE
El manual de longevidad de los centenarios ourensanos
Xosé Manuel Cid foi o primeiro decano da facultade de Educación en 2001, agora chamada facultade de Educación e Traballo Social para poñer en valor esa outra área na que o pedagogo di que "temos moito que dicir nunha provincia tan envellecida". Repite como decano, tralos dous mandatos de Mar García Señorán e no marco dun futuro tremendamente incerto para os docentes que se forman en Ourense no curso marcado pola pandemia do coronavirus.
Por que se presentou de novo a decano nestes momentos tan difíciles e na facultade de Educación, a máis grande do Campus?
Nunca me desvinculei da xestión universitaria. No momento en que te metes nun cargo, resíntese a investigación. É triste dicilo pero ao profesorado valórannos máis pola investigación e non por dar clases. A xestión é por arrimar o ombreiro, toca facelo, e tamén é ilusionante. É a facultade máis grande, con máis de 1.500 alumnos. Levo 30 anos de xestión e non me importa xubilarme en tres anos e preparar a transición. Desexo que se produza un relevo coa terceira xeración do centro.
Cal é o maior reto?
O máis inmediato e que che quita o sono é a prevención da saúde da comunidade universitaria. Levántaste cada mañá pensando en que non haxa un caso positivo, que te leva a un proceso complicado. O reto é escoitar a todo o mundo e que ninguén se sinta agobiado pola situación.
Está claro que hai que facer no caso de detectar un positivo?
Si. Estamos en coordinación co servicio de prevención de riscos e no caso de que se detecte un positivo, o proceso é localizar aos contactos estreitos. Tivemos casos pero de xente que xa non chegou a empezar o curso. O desafío tamén é que nos cambia a mentalidade ao profesorado, co control de asistencia, por exemplo. Hai que ir pensando en actividades continuadas no domicilio para persoas que dan positivo. Se non teñen recursos, hai que analizar se o Concello e a Xunta axudan a facilitalos. Estamos tendo queixas deste tipo e aínda non sabemos como darlle resposta, co presuposto da facultade non se pode.
Como cambia a formación dos futuros mestres coa pandemia?
Un dos retos é asumir unha responsabilidade ante a sociedade, estamos formando á xeración que vai atoparse unha sociedade a que a pandemia cambiou radicalmente. O nos reto é o medio rural e as persoas maiores, a nosa facultade ten moito que dicir. Hai que recuperar os valores dos mestres tradicionais, o mestre rural era o mestre da comunidade. Educaba aos nenos pero era o que coñecía a tódalas familias e problemáticas.
Convén recuperar eses valores?
Non viña mal. Que se pense no medio rural e os valores que había detrás desa profesión. A universidade pode contribuir a poñer en valor os recursos que ten esta provincia. Os valores que perviven nas aldeas,onde teñen redes de apoio mútuo. A función da educación é manter estes valores vivos.
O covid axudou a valorar o papel do docente?
Si. Un dos desafíos da facultade é ese, temos asignaturas moi punteiras en temáticas de igualdade, solidaridade, educación para a paz…
A pandemia incrementará a desigualdade nas aulas.
Si. Hai anuncios de aumentar becas, fálase de ordenadores... Se chegan, perfecto. Pero creo que poden ser medidas insuficientes.
Que outras medidas son necesarias para frear a desigualdade?
As becas son importantes, pero pode haber xente que supera un euro o umbral e queda fóra. Hai que actuar con criterio obxectivo. Durante a pandemia, había alumnos sen portátil que viñan aquí buscalo. Agora estamos gastando gran parte do presuposto en xel e outras medidas hixiénicas. Como facultade de Educación temos que pensar en medidas máis imaxinativas.
O Ministerio de Educación quere contratar profesorado sen o máster habilitante para este curso tan atípico. Que supón?
Espero que sexa unha medida excepcional para as áreas nas que non se convocan oposicións ultimamente. E que se de preferencia aos que teñen o máster e aos que o están facendo. Outro desafío co máster é a renovación de plantilla. Toda a xente que se vai contratando en precario nestes últimso 10 anos por falta de oposicións. A nosa facultade é unha das máis afectadas por isto: temos profesorado bo pero con contratos precarios.
A educación está maltratada?
Aínda que o profesorado é bo, as prazas poden saír só para tres meses, por exemplo. Hai que saír desa situación de precariedade.
A ministra deixará que alumnos de ESO e Bacharelato pasen de curso sen límite de suspensos. Que opina desta proposta?
Sempre defendín que o alumnado debe ir cos da súa idade no ensino obligatorio. O nivel de formación básico que ten que ter toda a cidadanía debe ser un ensino moi integral, sen marear aos rapaces con tanto contido especializado. Estamos deixando de darlles cousas fundamentais que teñen que ver con áreas creativas, sexualidade, afectividade...e sobrecargando outros contidos que probablemente sexan para idades superiores. O sistema educativo ten que dotarse de profesións novas que sirvan de apoio, como a diversidade.
O covid cambiou os debates nas aulas de Educación?
Si. A aula universitaria é un escenario ideal para simular o que che pasará no centro de traballo. Hai 400 alumnos pendentes do tema das prácticas, todos os de cuarto curso, pendentes de probas PCR e ir ás escolas e aos servizos sociais.
Como está este trámite?
Estamos esperando os PCR. Hai que poñer en valor que a pedagoxía non actúa nunha semana, é máis a longo prazo. Como educadores, hai que alongar a vía pedagóxica, a mediación vaise aprendendo ao longo de toda a vida. Se empezas a responsabilizarte en Infantil de que os conflitos se resolven falando, é máis interesante.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UN LUGAR DIFERENTE
El manual de longevidad de los centenarios ourensanos
ÚLTIMA JORNADA
3.200 consultas anuladas por la huelga de médicos en Ourense
UN HELICÓPTERO MEDICALIZADO
Un herido tras ceder el suelo de su vivienda en Castro Caldelas
INVADIÓ EL CARRIL CONTRARIO
Condenada tras provocar un accidente en Ourense cuando iba drogada
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: As Burgas (II)
CLAVES PARA UNA VIDA LARGA
Calidad de vida, alimentación de próximidad y ser activos mejoran la longevidad en Ourense