Xunta e Castro Caldelas estudan a recuperación dos castiñeiros

Provincia

A Consellería de Medio Rural e o Concello de Castro Caldelas prevén “recuperar e potenciar os soutos neste concello, co fin de salvagardar as variedades autóctonas e, á vez, diversificar a actividade económica na zona e anticiparse aos lumesza”. Así o puxeron de manifesto o conselleiro, José González e a alcaldesa, Sara Inés Vega.

Medio Rural está traballando, xunto coa Universidade de Vigo, na caracterización dos soutos tradicionais, das plantacións de castiñeiros máis recentes e das mesturas de castiñeiros con outras frondosas. Este traballo “permitirá crear o inventario de soutos de Galicia co fin de poder elaborar con datos o Plan de recuperación dos soutos tradicionais de Galicia, o cal inclúe actuacións nesta zona da Ribeira Sacra”, segundo sinala a Xunta nunha nota. Tamén falaron das melloras nas infraestruturas rurais da zona, sobre todo nos accesos aos viñedos.

Contenido patrocinado

stats