PRECIPITACIONES PERSISTENTES
La lluvia golpea también a la salud de los ourensanos: "Puede agravar problemas como la ansiedad"
DOS MILLONES DE EUROS
A Consellería do Medio Rural impulsará axudas para a conservación da contorna paisaxística e a loita contra a erosión nos viñedos da Denominación de Orixe (DO) Ribeira Sacra. Estas axudas, recollidas no Diario Oficial de Galicia e xestionadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, están dotadas cun orzamento de dous millóns de euros e buscan apoiar aos viticultores que contribúen ao mantemento desta singular paisaxe. O prazo de solicitude estará aberto durante un mes, desde hoxe.
Os principais destinatarios destas subvencións serán os viticultores inscritos na DO Ribeira Sacra, que, co seu traballo, preservan os socalcos e muros de pedra que caracterizan a zona, evitando a erosión e promovendo unha cultura vitícola tradicional, mantendo un papel fundamental na configuración dun territorio de gran valor paisaxístico e turístico.
A convocatoria establece dúas categorías de axudas segundo o sistema de cultivo. Unha modalidade destínase ao cultivo en socalcos con muros de pedra, que require traballo manual, para o que se reservan 1,4 millóns de euros. Pola súa banda, a modalidade tipo dous contempla cultivos sen socalcos ou con traballo mecanizado, cunha asignación de 600.000 euros.
En total, estímase que 700 hectáreas da DO Ribeira Sacra se beneficien da primeira categoría, mentres que unhas 600 hectáreas corresponderán á segunda. Cada beneficiario poderá recibir ata 2.000 euros por hectárea para o cultivo en socalcos e ata 1.000 euros por hectárea para os sistemas mecanizados. O importe máximo por beneficiario non poderá superar os 50.000 euros.
Estas axudas forman parte dun conxunto de medidas impulsadas pola Xunta en setembro para apoiar aos viticultores da Ribeira Sacra, afectados polos excedentes de viño tinto. Entre as accións complementarias inclúense subvencións para a destilación de crise, campañas de formación sobre os beneficios do ecorréxime da PAC en pendentes e promocións para facilitar a recollida de uva.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRECIPITACIONES PERSISTENTES
La lluvia golpea también a la salud de los ourensanos: "Puede agravar problemas como la ansiedad"
NO ES UN HECHO AISLADO
Cae con 80 gramos de cocaína a los 4 días de una condena por drogas en Ourense
Lo último
IES TABOADA CHIVITE Y CASTRO DE BARONCELI
Verín, una exitosa cantera de futuros geólogos
Juan M. Casares
CASTELLUM HONESTI
O patrimonio da memoria