MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
DO 16 AO 27 DE OUTUBRO
O Teatro Principal acolleu o anuncio da programación da 17ª edición do FITO, o Festival Internacional de Teatro de Ourense. Un total de 16 compañías actuarán nese e noutros espazos da cidade e de Celanova do 16 ao 27 de outubro, procedentes de Galicia, Madrid, Cataluña, Portugal e Arxentina.
A directora do festival, Fina Calleja, debullou un programa que promete cativar ao público. Cun mosaico de propostas escénicas que van desde a danza e o teatro de texto ata dramaturxias contemporáneas e revisións de clásicos, o FITO preséntase como unha celebración da diversidade teatral. O festival aposta por un importante compoñente de compromiso social e comunitario, poñendo en cuestión temas tan presentes no debate social como o son a ecoloxía, a inmigración, o papel da educación ou a desigualdade.
Haberá protagonismo da dirección e autoría femininas que chegan da man de compañías de longa traxectoria e de grupos emerxentes. Nomes recoñecidos como Mercedes Peón, Ana Vallés, Nuria Sotelo, Andrea Jiménez, Victoria Szpunberg, Rakel Camacho ou Quico Cadaval únense a un cartel que demostra a vitalidade e a renovación do teatro galego.
Pola súa parte, Jacobo Sutil, director da Axencia de Industrias Culturais da Xunta, destacou o “valor estratéxico” do FITO no calendario de festivais de artes escénicas de Galicia, subliñando a importancia de “sumar apoios doutras institucións” para enriquecer a programación. Tamén colaboran a Deputación e o Campus.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
VIRXE DA LUZ
Festa da Luz y Danza das Cocas en Santa Tecla
RESPONSABLE DE LA WEB DEL DSN
El Gobierno cesa a un cargo del Departamento de Seguridad Nacional tras publicar la cifra de entradas a Ceuta