ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
PREMIO A MELLOR DOCUMENTAL
A ourensá, Zeltia Outeiriño, foi galardoada esta fin de semana co premio Mestre Mateo a Mellor Documental por “Filmei Paxaros Voando”, a súa ópera prima como directora. “É unha honra moi grande e toda unha sorpresa”, asegura a cineasta que insiste en que “había outros filmes finalistas con moito percorrido e moi merecedores tamén do galardón”, como son “Prefiro condenarme”, de Margarita Ledo, “Salvaxe salvaxe”, de Emilio Fonseca, e “Aurora”, de Area Erina.
O documental, unha historia íntima sobre o desarraigamento a través da propia historia familiar da directora, parte dun desencanto vital profundo “da mítica e real crise dos 40”. “Dende Barcelona, onde resido, miraba o andado e o vivido con moito desacougo”, apunta. Así, comezou este traballo no marco dun Máster Documental de Creación e a partir de aí lanzouse á busca de produtoras para que a acompañasen na viaxe. Foi entón cando xurdiu a aposta de Sétima, empresa formada pola produtora Silvia Fuentes e a directora Anxos Fazáns, e que pertence á Asociación Galega de Produtoras Independentes, Agapi, coas que recolleu o galardón na gala celebrada en Lalín o sábado. “Obter un recoñecemento na túa terra sempre é especial”, celebra a directora.
Neste senso, insiste en que este premio supón para ela “abrir o camiño para futuros proxectos”, nos que xa está traballando. “Teño abertas varias liñas de investigación, ata aí podo dicir”, apunta a cineasta ourensá.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
Lo último