Unhas xornadas afondan na ciberseguridade no teletraballo
Xornadas
Na xornada final participaron expertos de dentro e fóra de Galicia
Antes da crise sanitaria e do confinamento, eran poucos os sectores nos que o teletraballo era una opción laboral, pero a irrupción desta modalidade chegou para quedarse, tanto é así que o Goberno aprobou este outono unha nova lei que regula o seu desenvolvemento. Esta nova contorna laboral implica retos e oportunidades pero tamén riscos tecnolóxicos, e neles centrouse a segunda edición do foro CyberSec@GAL, organizado pola Cátedra R en Ciberseguridade.
CyberSec@GAL clausurou unha semana de actividades centradas na ciberseguridade no teletraballo. Na xornada final participaron expertos de dentro e fóra de Galicia, ao tempo que de xeito paralelo se desenvolvía o I Foro de Ciberseguridad de Galicia, organizado polo ISMS Forum galego e dirixido a un público máis especializado.
O foro completouse coa entrega dos premios ás mellores teses de doutoramento, traballos fin de mestrado e fin de grao no eido da ciberseguridade. Dous dos galardón foron para estudantes da UVigo: o premio á mellor tese para Alberto Pedrouzo, do programa de doutoramento en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións e o premio ao mellor traballo fin de mestrado para David Álvarez, estudante do Máster Interuniversitario en Ciberseguridade UVigo-UDC.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UN BOLSO TAMBIÉN DE LA FIRMA
El vestido de la reina Letizia en su visita a Adolfo Domínguez en San Cibrao: de algodón y rebajado a menos de 100€
Lo último