Festas de Santa Marta en Cualedro: música e xogos en Lucenza

MISA, ROMARÍA, XOGOS E MÚSICA

Este martes, Lucenza (Cualedro) honra a Santa Marta con romaría, xogos tradicionais interxeracionais e actuacións de gaiteiros e a charanga CLK.

Publicado: 29 jul 2025 - 02:36 Actualizado: 29 jul 2025 - 09:32
Fiestas en Cualedro
Fiestas en Cualedro

Lucenza, no concello de Cualedro, celebra este martes, 29 de xullo, as súas festas na honra da Santa Marta cunha completa programación durante todo o día. A xornada arranca ás 11,00 horas coa misa solemne, seguida pola romaría á capela da Santa Marta. A animación músical correrá a cargo de Begoña Mazaira e de gaiteiros de Verín.

Ás 18,00 horas, na Penela, terán lugar os III Xogos Populares, divertimentos de toda a vida, unha actividade interxeracional na que colabora o CDR O Viso e organizada pola asociación de veciños. Poderase xogar á ra, os zancos, a mariola, o aro ou as chapas, entroutros moitos. Ademais, tamén haberá pintacaras para a cativada. A partir das 20,00 horas, a festa continuará grazas á actuación da charanga CLK.

Contenido patrocinado

stats