Xa dispoñibles as 72 parcelas do polígono agroforestal de Cualedro
RECUPERACIÓN DE TERRA AGRARIA
A Xunta vén de abrir o prazo para presentar ofertas para optar a algunha das parcelas do polígono agroforestal do concello de Cualedro
O Diario Oficial de Galicia (DOG) xa recolle os pregos que regulan o procedemento de concorrencia competitiva para a selección de propostas para levar a cabo nas parcelas do polígono agroforestal de Cualedro.
Desenvolvido ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, o cualedrés abrangue unha superficie de 64 hectáreas, distribuídas en 72 parcelas de 70 titulares catastrais.
A actividade principal será gandaría en extensivo e cultivos complementarios á explotación, á que se lle poderá engadir o cultivo agrícola e a plantación de árbores para a obtención de froito.
As persoas interesadas en alugar ou comprar unha parcela deberán cumprir unha serie de requisitos de participación, o que inclúe os criterios de solvencia económica, técnica e profesional e as garantías que deban constituírse para asegurar o mantemento da proposta presentada, así como os criterios de avaliación que permitan seleccionar as mellores propostas presentadas e as obrigas que deban cumprir os participantes e os adxudicatarios finais.
En total póñense a disposición sete lotes, catro para arrendamento e tres para a súa venda. Os prezos mínimos para aluguer van dos 604,68 euros/ano aos 1413,56 euros/ano, e os da venda dos 3.3325,81 aos 16.815,80 euros.
Prazo
O período habilitado para a presentación de solicitudes, a través da sede electrónica da Xunta, é de 15 días hábiles, polo que finalizará o vindeiro 20 de abril.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA GASTRONÓMICA DA CACHENA
Cualedro apuesta por la calidad de la cachena
SIN CARNET, ITV NI SEGURO
Detienen a la conductora que se dio a la fuga tras arrastrar un agente en Verín
Lo último
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
La marca "number one"
RECORRIDO ETNOGRÁFICO
Una ruta entre viñedos para descubrir los lagares rupestres de Oímbra
Carmen Tomás
Hacienda no somos todos