Achan o corpo sen vida dunha muller na praia de Lira
A CORUÑA
Os tripulantes dunha embarcación particular alertaron ás 14,30 horas deste domingo da súa presenza
Segundo informaron fontes de Salvamento Marítimo, os tripulantes dunha embarcación particular alertaron ás 14,30 horas deste domingo da presenza na zona dun cadáver.
Ante este feito, ao lugar trasladouse a embarcación auxiliar do buque SAR Gavia, que recolleu o corpo e o trasladou ao muelle de Brens, no municipio de Cee. As mesmas fontes explicaron que ás 16,30 horas o xuíz procedeu a realizar o levantamento do cadáver.
Polo momento descoñécese a identidade da muller achada sen vida este domingo na Praia de Lira, zona na que medios de Salvamento Marítimo e outros corpos buscaban por terra, mar e aire a unha muller de 68 anos de idade que permanecía desaparecida dende o martes, día 20 en Carnota (A Coruña).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"A CHUVIA ETERNA"
Alfredo Conde, Premio Ángeles Terrazo de Novela
¡BUONE VISIONI!
Carrie
LITERATURA
De la dignidad que merecemos
Lo último
SEGUNDA FEDERACIÓN
Buen punto del Ourense CF ante el Bergantiños (1-1)
PRESUPUESTO DE 400.000 EUROS
A Veiga mejora los servicios destinados a emprendedores
Román Pedreira Jordedo
DIARIO LEGAL
¿Puede un copropietario al 50 % solicitar el desahucio por impago pese a la oposición del otro?
DESFILE DE SAMAÍN
Galería | Ribadavia mete miedo con su Noite Meiga