¡BUONE VISIONI!
“El agente secreto”, unha odisea da memoria
¡BUONE VISIONI!
Estreouse hai unhas semanas El agente secreto de Kleber de Mendonça Filho, a película nomeada en catro categorías dos Óscar e que gañou o premio a Mellor Director no último Festival de Cannes. Seguramente un dos filmes internacionais do ano e un dos acontecementos máis importantes do cinema brasileiro da última década.
“A nosa historia ten lugar en brasil en 1977 en tempos moi travesos…” indica a frase que abre a película mentres soa a Samba no Arpége e Marcelo. Un profesor que foxe dun pasado turbulento, chega a unha gasolineira no medio da nada, onde aparece un corpo sen enterrar, debaixo dun cartón. Pouco despois de encher o depósito, unha patrulla policial deteno. Non atopando nada raro no coche, igualmente intenta subornalo. El libérase da situación ofrecéndolle un paquete de cigarros. Cando se marcha, o cadáver segue alí, á mercé das moscas e das miradas indiferentes da policía, en plena celebración do carnaval... Unha escena inicial cargada de simbolismo por unha película ambientada nun pasado ditatorial cargado de crimes aínda sen enterrar.
A morte e o peso da represión, están sempre presente no filme, pero non escurecen nunca a forza, a positividade e a alegría que tamén forman parte do ser humano.
O filme, dividido entre presente e pasado, xoga coa duplicidade e coa simboloxía durante os seus 160 minutos de metraxe. Kleber de Mendonça Filho empezou a súa carreira como crítico de cinema, e utiliza con sabedoría abundantes recursos da historia do cinema para a súa película, entre citacións e metáforas, mestura diferentes xéneros e fai un relato sobre a resistencia. Curiosamente, El agente secreto é un filme que ten bastante en común con Una batalla tras otra de Paul Thomas Anderson, outra película sobre a resistencia marcada pola esperanza na humanidade. Quizais menos absurda desta última – aínda que o relato visual da perna asasina vai bastante nesta dirección - , El agente secreto, ao igual que o último filme de Thomas Anderson, xoga con diferentes xéneros cinematográficos, desde o thriller á comedia, pasando polo drama familiar e o humor negro, para contarnos con extrema vitalidade unha historia profundamente humana. A morte e o peso da represión, están sempre presente no filme, pero non escurecen nunca a forza, a positividade e a alegría que tamén forman parte do ser humano.
Extraordinario o actor Wagner Moura interpretando o protagonista, pero tamén o resto do reparto que o acompaña. A fotografía setenteira da un toque vintage ao filme que ao igual está enriquecido por unha banda sonora resultado dunha profunda investigación vinculada coa memoria emocional e cultural da rexión do Noroeste de Brasil.
Por suposto, o cinema ten un lugar especial nesta narración en diversos planos de lectura e non só polas citación concretas ao Tiburón (1975) de Spielberg ou á película de Hitchcock co mesmo nome. Quizais, a mellor metáfora cinematográfica é a que converte o antigo cinema nun banco de sangue, onde grazas as transfusións hai posibilidade de asegurar que a vida continúe. Non quero facer demasiado spoiler. Simplemente contar que neste lugar acontece a escena clave do filme: o pasado e o presente xúntanse e o baleiro volve a encherse de vida.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
¡BUONE VISIONI!
“El agente secreto”, unha odisea da memoria
LOS LIBROS QUE LEO
El arte de identificar las causas perdidas
Lo último
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Viernes, 6 de marzo
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Siempre existe “El día después…”