¡BUONE VISIONI!
Portobello
Cultura
Do verbo afacer sae o participio afeito, (Estou afeito a madrugar), pero hai outras formas que soan igual e significan cousas distintas. “A feito”, é unha expresión -unha locución adverbial- que indica un modo de facer as cousas determinado; neste caso todo seguido, sen pararse. “Hai que rozar o monte a feito para que non veña o lume no verán”. Tamén ten un matiz de cantidade para expresar abundancia indeterminada. “Teñen probas a feito da túa inocencia, pero non o queren ver”. Moi próxima, case idéntica é a expresión “a eito” que significa puramente, sen escoller. Por exemplo “Cumpría plantar árbores a eito nese monte”, ou sexa como cadre, sen iren en ringleiras. Tamén temos “afeito” do verbo afeitar, pero iso será mañá.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
¡BUONE VISIONI!
Portobello
LOS LIBROS QUE LEO
Un diccionario como un arma subversiva
ANIVERSARIO DE LA COLOCACIÓN
Un estudio desvela el rostro verdadero del Mestre Mateo
Lo último
PASIÓN A 900 KILÓMETROS
Paco Mayorgas, un artesano y coleccionista de pasos de la Semana Santa andaluza en miniatura