Día das Letras Galegas 2025: homenaxe ás cantareiras e Ano Castelao
FESTIVIDADE DE GALICIA
Por que celebramos as Letras Galegas o 17 de maio e non o 23 de xuño ou o 4 de agosto? Para que serve esta festividade? Quen escolle aos autores? Adentrámonos na historia desta gran data do calendario galego, contamos unhas curiosidades sobre ela e a celebración deste ano coincidindo tamén co Ano Castelao
O 17 de maio en Galicia celébrase o Día das Letras Galegas, unha festividade en homenaxe aos autores que escribiron, promocionaron e defenderon a lingua galega nas súas obras.
Por que se escoulleu o día 17 de maio e non outra data? A razón foi que, no ano 1863, en Vigo, nesta mesma data publicouse o primeiro exemplar da obra Cantares galegos, de Rosalía de Castro, que marca o comezo do Rexurdimiento - movemento que trazou o camiño para a recuperación literaria, cultural, política e histórica de Galicia- e a quen se lle adicaron as primerias letras no 1963.
2025: as Cantareiras
A Real Academia Galega decidiu homenaxear este 2025 ás cantareiras, mulleres na súa maioría anónimas que, a través da transmisión oral dos cantares e acompañadas de pandeiretas e outros instrumentos, mantiveron viva a música tradicional da nosa cultura.
Aínda que son miles as mulleres que se agrupan baixo as cantareiras, entre as figuras máis recoñecidas, e a quenes se homenaxea este ano nas Letras Galegas, están Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameijenda, de Mens; e Eva Castiñeira, de Muxía.
Ano Castelao
Este Día das Letras Galegas é máis emotivo se cabe, pois coincide coa celebración do Ano Castelao. Coincidindo co 75º aniversario da morte de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, a Xunta de Galicia declarou o 2025 como o ano para conmemorar a figura dun dos representantes máis grandes das nosa literatura. Desde comezos de ano, Galicia acolle ducias de actos e actividades para poñer en valor a figura e obra de Castelao, profundizar na súa obra e difundir todo o seu traballo.
Curiosidades do Día das Letras Galegas
- Polo de agora, só 6 mulleres foron homenaxeadas. Son Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera (1987), María Mariño (2007), María Victoria (2018), Xela Arias (2021) e Luísa Villalta (2024), unha lista á que agora se suman as sete cantareiras.
- O 17 de maio é un día festivo oficial en Galicia dende 1991
- Por primeira vez, por mor da pandemia do covid no ano 2020, a festividade aprazouse ao 31 de outubro dese ano. O homenaxeado foi Ricardo Carballo Calero
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"A CHUVIA ETERNA"
Alfredo Conde, Premio Ángeles Terrazo de Novela
¡BUONE VISIONI!
Carrie
LITERATURA
De la dignidad que merecemos
Lo último
SEGUNDA FEDERACIÓN
Buen punto del Ourense CF ante el Bergantiños (1-1)
PRESUPUESTO DE 400.000 EUROS
A Veiga mejora los servicios destinados a emprendedores
Román Pedreira Jordedo
DIARIO LEGAL
¿Puede un copropietario al 50 % solicitar el desahucio por impago pese a la oposición del otro?
DESFILE DE SAMAÍN
Galería | Ribadavia mete miedo con su Noite Meiga