OBITUARIO
Muere Ileana Cotrubas, soprano rumana
O galardón a Elena Poniatowska foille ofrecido polo presidente da asociación, o poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, no transcurso da Feira do Libro de Guadalaxara (México).
Xornalista e narradora, nacida en París en maio de 1933, filla dunha mexicana, Paula Amor, e dun nobre polaco, Jean Poniatowska, instalouse en México desde 1942 onde escapou coa súa nai fuxindo da Segunda Guerra Mundial.
A súa carreira comezou no exercicio do xornalismo, e publicou unha obra moi ampla, que inclúe varios xéneros.
Entre os seus textos destacan as novelas 'Hasta no verte Jesús mío' (1969), 'Querido Diego, te abraza Quiela', (1978), 'La flor de Lis' (1988), 'Tinísima' (1992) e 'La piel del cielo' (2001), e os ensaios: 'Todo empezó el domingo' (1963), 'La noche de Tlaltelolco' (1971), 'Gaby Brimmer' (1979) e 'Fuerte es el silencio' (1980), entre outros.
Tamén é autora das coleccións de contos 'Lilus Kikus' (1954), 'De noche vienes' (1979), 'Métase mi prieta entre el durmiente y el silbatazo' (1982) e os libros de entrevistas 'Palabras cruzadas, Era', (1961), 'Domingo 7' (1982), 'Todo México' (1990) e 'Todo México', vol. II (1994).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OBITUARIO
Muere Ileana Cotrubas, soprano rumana
Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
Unha esmorga á italiana
Evelio Traba
LEER ES UN PLACER
Crónica del perdón necesario
Lo último