EXPOSICIÓN CONMEMORATIVA
Los vínculos ourensanos y granadinos de Camilo José Cela
"Unha das grandes voces das letras galegas contemporáneas". Así lembra a Real Academia Galega a Darío Xohán Cabana, poeta, narrador e tradutor chairego que acaba de falecer aos 69 anos debido a unha enfermidade.
As raíces do autor como fillo de agricultores republicanos, o seu pensamento político e a Terra Chá, o seu lugar no mundo, estiveron presentes ao longo da súa traxectoria vital e literaria.
Nacido en Roás (Cospeito) en 1952, a súa vida estendeuse máis de medio século e a súa carreira destacou por cultivar case todos os xéneros ao longo de máis de corenta títulos, entre eles o gran éxito `Galván en Saor`, poemarios como `Patria do mar`, `Canta de preto a morte` ou traducións de clásicos da literatura italiana como `Dante e Petrarca`.
Darío Xohán Cabana militou na esquerda nacionalista na clandestinidade desde moi nova e estivo vinculado a organizacións como a Unión do Povo Galego, onde ingresou en 1968, ou a FPG.
A súa traxectoria literaria arrincou co poemario, `Home e Terra`, publicado en 1970 na colección Val de Lemos de Ediciós Xistral, dirixida por un dos seus grandes referentes: o poeta Manuel María. Ese mesmo ano autoeditou `Verbas a un irma` e tres máis tarde publicou `Romanceiro da Terra Chá`.
Entre 1971 e 1975 traballou en Edicións Castrelos de Vigo con Xosé María Álvarez Blázquez e nese tempo cultivou unha importante amizade con Xosé Luís Méndez Ferrín. O propio Xohán Cabana consideraba a ambos os intelectuais, xunto con Manuel María, como os seus grandes mestres tanto en literatura como en vida.
Precisamente, a edición de libros sería a última ocupación laboral do académico como coordinador de publicacións do Concello de Lugo ata a súa xubilación.
Xohán Cabana logrou o Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago en 1983 co seu poemario `Patria do Mar` e foi recoñecido de novo con este galardón tres anos máis tarde con `Amor e tempo liso`.
Tamén foi recoñecido cos premios `Cidade de Ourense`, `Cidade de Lugo` ou `Martín Codax`, grazas a títulos como `A fraga amurallada`, `VIII fragmentos`, `Vidas senlleiras` ou `Canta de preto a morte` (1994). A súa última obra poética foi `Cabalgada na brétema`, en 2006.
NARRATIVA E TRADUCIÓN
Entre outros xéneros como o ensaio, o autor tamén se dedicou á narrativa desde finais dos 80, con grandes obras entre as que destaca especialmente `Galván en Saor` (1989), unha homenaxe á literatura artúrica na que conclúen o mundo real contemporáneo e o pasado mitológico galego e que lle levo a gañar o Premio Xerais.
A Real Academia Galega tamén lembra outras publicacións como `Fortunato de Trasmundi` e `O cervo na torre`, novela coa que volveu recibir o Premio Xerais en 1994; `Morte de rei` (1996) ou `Mitos e memorias` (2003).
A partir dos anos 90 empezou a publicar obras dirixidas ao público infantil e xuvenil, como `O avión de Cangas`, finalista do Premio Merlín en 1991, e `O castrón de ouro`, Premio Barco de Vapor en 1993.
Outra das súas facetas máis destacadas foi o seu papel como tradutor dos clásicos da literatura italiana, traballo polo que foi recoñecido coa Medalla de Ouro de Florencia en 1991. Así, encargouse da versión galega do `Cancioneiro de Petrarca` ou `A divina comedia de Dante`, da que sacou unha revisión.
Darío Xohán Cabana entrou na Real Academia Galega no ano 2006, onde ocupou a cadeira vacante após o falecemento de Manuel María, o seu gran referente poético.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EXPOSICIÓN CONMEMORATIVA
Los vínculos ourensanos y granadinos de Camilo José Cela
COLUMNISMO DE OPINIÓN 2026
Alfredo Conde, reconocido con el XI Premio José Luis Alvite por la Asociación de Periodistas de Galicia
LOS LIBROS QUE LEO
Contra el mito de los clásicos aburridos
EN EL PARLAMENTO DE GALICIA
Otero Pedrayo e Carvalho Calero, construtores da identidade galega
Lo último
FRAUDE DE FONDOS COMUNITARIOS
La Fiscalía Europea investiga un fraude en obras de Adamuz
DENUNCIA DISCIPLINARIA
Vecinos de Ourense piden expedientar a un técnico de Urbanismo por la discoteca Desorden
INGRESOS EN LOS HOGARES
El salario solo es el 46% de la renta de los gallegos, el mínimo histórico