Evelio Traba
LEER ES UN PLACER
Un gran chiste de sobremesa
VILAXOáN
O festival "Revenidas" de Vilaxoán (Pontevedra), que se celebrará entre o 22 e o 24 de agosto, dedica a súa edición 2014 a conmemorar o XX aniversario do "rock bravú" e atraerá destacadas actuacións nas que a música galega será "a gran protagonista", entre as que se atopan Os Diplomáticos de Montealto, Heredeiros da Crus ou Dakidarría, entre outros.
As "Revenidas", o festival de pagamento "cen por cento galego", acollerá 23 concertos e ata 14 actividades culturais que pretenden abranguer unha visión das tendencias musicais que se fan en Galicia. Así, veranse nomes como Rastreiros, Ulträqäns, Sés, Nao, La Familia Caamagno, Livia do Marrao, Tandub ou Terbutalina.
Entre as novidades que ofrece o evento este ano está a habilitación dun novo escenario na praza de abastos, que acollerá concertos acústicos como os de Garotas de Ribeira ou Pinto de Herbón, e que estará intervido por artistas plásticos do colectivo Desordes Creativas.
A organización deu continuidade a apartados de anteriores edicións como a Gala do Circo Solidaria, actividades infantís, a feira da cultura e da música galega (con presentacións de discos, libros e unha mostra de artesanía) ou un concurso de grupos noveis.
As entradas anticipadas aínda están á venda na web do festival, Airapro Tenda e en varios puntos (18 euros para venres e sábado, 10 euros para cada día por separado). En taquilla, serán 22 e 15 euros respectivamente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Evelio Traba
LEER ES UN PLACER
Un gran chiste de sobremesa
Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
Ninguén é normal
Lo último
72 PELÍCULAS E 23 NACIONALIDADES
O OUFF baixa o pano tras dez días de cine na cidade de Ourense
Ricardo Tena
Al final sí que había fútbol