Ninguén é normal

¡BUONE VISIONI!

Publicado: 25 sep 2026 - 06:40
Fotograma de “DTF St. Louis”
Fotograma de “DTF St. Louis”

Unha das mellores miniseries do ano está no catálogo de HBO Max. Chámase “DTF St. Louis”, donde DTF está por “Down to Fuck”, literalmente “disposto para ter sexo”. Detrás deste proxecto está o versátil guionista Steve Conrad e ten as caras visibles de Jason Bateman, David Harbour e Linda Cardellini. A estes intérpretes cunha traxectoria consolidada en Hollywood habería que engadir a participación de Richard Jenkins (Homer), Joy Sunday (Plumb) e a participación de Peter Sarsgaard no papel moi logrado de Modern Love.

“DTF St. Louis” inspíranse moi libremente nun caso de asasinato real pero opta por un eixe narrativo baseado principalmente sobre o triángulo amoroso dos tres protagonistas. A trama segue a un meteorólogo, Clark, presentador nunha televisión local de St. Louis que enreda a un compañeiro de traballo, Floyd, intérprete da lingua de signos, a inscribirse a unha aplicación de citas. A raíz disto, a amizade vaise consolidando entre os dous, tamén creando unha relación extramatrimonial que involucra a Carol, a esposa de Floyd...

A miniserie presenta o concepto de normalidade como unha fachada social fráxil. A súa mensaxe está resumida nunha frase que se repite constantemente durante os 7 capítulos: “Ninguén é normal, só se ve así desde a beirarrúa de en fronte”. O creador e director, Steve Conrad, intenta demostrar que a ‘‘normalidade’’ é case unha ilusión óptica que xorde da distancia coa que observamos a vida dos demais. A serie afonda no que hai debaixo da ‘‘normalidade funcional’’ e aproveita, de paso, para deconstruir, de forma sutil e ao mesmo tempo demoledora, os conceptos tradicional de masculinidade. Os personaxes sofren coa obriga de cumprir ten co rol e as expectativas sociais. Están na procura constante dunha vía de escape, de recuperar o que na serie definen ‘‘o patio do recreo’’. Ao mesmo tempo, a obsesión polos seus desexos, vai pouco a pouco levándoos a un terreo borroso e perigoso.

A crise de mediana idade podería ser o verdadeiro antagonista desta miniserie

A crise de mediana idade podería ser o verdadeiro antagonista desta miniserie. Unha historia que podería inscribirse tamén no ‘‘true crime’’ aínda que ten un desenvolvemento anómalo e moi pouco convencional dentro deste xénero. “DTF St. Louis” non avanza de forma cronolóxica. Utiliza flashbacks, recordos alterados e repite as mesmas escenas cos ollos dos diferentes personaxes. Cada vez que se revive un momento, hai algo que cambia por completo a perspectiva do espectador.

Ao igual, un dos puntos fortes desta serie son os diálogos. As frases icónicas, os chistes brillantes e as reflexións aparentemente banais pero moi reveladoras, son un valor que diferencian esta serie con respecto a outras que tratan os mesmos temas. Ao igual “DTF St. Luis” fala sobre a dificultade de entenderse e sobre a incomunicación. Neste sentido o uso da linguaxe de signos é unha compoñente que engade un valor metafórico profundo e inesperado á historia.

O equilibrio entre o humor absurdo e a traxedia existencial, é outro elemento co que se caracteriza esta serie que se coloca fora do ‘‘true crime’’ tradicionais tamén por desposuír o crime de toda solemnidade e converténdoo nalgo ridículo, patético, pero, quizais por isto, terriblemente triste.

Hai unha semana, “DTF St. Louis” foi unha das grandes triunfadoras dos Emmy. Das 13 nominacións, gañou 7, incluída a de Mellor Serie Limitada. Non a perdades.

(Re)corten- ‘‘As augas’’ na Seminci

“As augas”, a primeira película dirixida pola actriz galega Ledicia Sola, que tamén asina o guión e protagoniza a historia terá a súa premiere mundial o próximo mes de outubro na Seminci de Valladolid, nunha sección competitiva dedicada a óperas primas e segundas películas. A gravación desenvolveuse en diferentes localizacións da provincia de Ourense, principalmente en Muiños, en Verín e na cidade de Ourense. “As augas” é un drama xeracional contemporáneo no que participan tamén Melania Cruz, Marta Larralde, Lidia Veiga e Toni Salgado. O filme está producido por Maruxiña Film Company e Matriuska.

Contenido patrocinado

stats