EXPOSICIÓN CONMEMORATIVA
Los vínculos ourensanos y granadinos de Camilo José Cela
ARTE ET ALIA
Eis un gozo para a vista e os sentidos ver as obras da rexesta artística persoal que presenta Manolo de Buciños, desde comezos de marzo no Centro Marcos Valcárcel. Son pezas que o artista foi gardando dende os anos setenta, e que comparten o seu territorio máis persoal, o da súa casa e xardín. Baseándose nestes espazos, recreados na exposición, caso do seu taller en grandes fotos, a comisaria Cuqui Piñeiro dispuxo dous recunchos nunha montaxe nas salas que combina elegancia e espectáculo, ao que se engadirá un libro numerado, deseño Pepe Barro, coa munificencia da Deputación ourensá e a Xunta. Detrás de todo está a Fundación Xoán Piñeiro, de Tomiño (Pontevedra), que comeza así o seu proxecto con «DI>RIO DE >RTIS>. BUCIÑOS», artista que é patrón daquela. Ás obras, engádense en foto obras públicas, que testemuñan traxectoria plástica e vida, pois nela inclúense representada da súa muller embarazada. Elas falan a súa voz, a dun estilo persoal, que cidadanía e crítica tivemos ocasión de contemplar neste lugar o outono de 2009. É a súa unha escultura do cotiá, dos afectos e apertas, dun
artista dedicado a ela como actividade creativa central, con fundición propia. É a súa unha linguaxe coa que loa a lixeireza dende a permanente alternancia do estático e o dinámico, nun lixeiro pé. Manolo sabe captar como poucos escultores a esencia do movemento. Así o amosan as figuras que entran/saen da auga, a nai espida coa súa nena, a que sentada levanta a filliña sobre a cabeza, ou o relevo dos pais sentados no chan que xogan coas fillas e unhas cintas, que transmiten a acción dun fluír, e tamén de harmonía. Esta é a peza escollida como cabeceira desta nova retrospectiva. Moitas son evocadoras de sentimentos de tenrura, xurdindo outras daquel afán de oficio do pai e o avó Francisco, ebanistas regresados de Cuba, como o pé da mesa de cristal coas dúas nenas, unha alfaia do seu ser práctico, ou a escultura-farol, o que ven a ser como unha pluma de alto standing nas mans. O estático doutras, máis escaso, ben apenas pola acción de poñer a palma da man na base do asento, un xesto moi seu, que o asenta na terra, natureza, vida, que ama.
Dende Buciños (Carballedo, no sur leste de Lugo), chega con dez anos a Ourense, e agás o tempo da estadía en Madrid, viviu sempre acó, entre nós, casando e formando familia, morando nas torres do Alés no Pino, e logo nunha casa-taller próxima, tranquilo, rodeado de aire, sol, terra e vexetación. Dende as primeiras en madeira ás de pedra, material que amou e traballou moito, abandonándoo cando achou nos moldes de cera e os misterios da fundición o que buscaba, conseguindo acadar cas láminas e a gramática dos ocos, a expresión precisa do seu corazón e sentimento ca máxima economía de medios. Xuntou pedra e bronce, sen mesturalas, dándolles voz propia, “que se leven ben unha con outra”, nun xogo conceptual. Co bronce os efectos son pictóricos, como lle amosara o tomiñés, e gran amigo, Xavier Pousa. Parabéns! *A Rianxeira, abrigada a comezo de ano (Xabier Limia de Gardón)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EXPOSICIÓN CONMEMORATIVA
Los vínculos ourensanos y granadinos de Camilo José Cela
COLUMNISMO DE OPINIÓN 2026
Alfredo Conde, reconocido con el XI Premio José Luis Alvite por la Asociación de Periodistas de Galicia
LOS LIBROS QUE LEO
Contra el mito de los clásicos aburridos
EN EL PARLAMENTO DE GALICIA
Otero Pedrayo e Carvalho Calero, construtores da identidade galega
Lo último