¡BUONE VISIONI!
O pecado e os “Sinners” dos Óscar
¡BUONE VISIONI!
O día que se anunciaron os finalistas aos Premios Óscar, boa parte da crítica tradicional quedou boca aberta, aparvada diante do record histórico obtido por Sinners - Los pecadores de Ryan Coogler: 16 nominacións, superando as 14 das anteriores La malvada (1950), Titanic (1997) e La La Land (2016).
A película de Ryan Coogler - un éxito en taquilla que chegou as plataformas dixitais o verán pasado - é unha película de xénero. Está ambientada nos anos 30 na zona do Delta do Missisipi. A historia móvese a partir das vivencias de dous irmáns xemelgos que tratan de deixar atrás as súas vidas de delincuentes en Chicago para regresar ao seu pobo natal e montar un club de blues...
O filme é unha especie de reactualización de Abierto hasta el amanecer (1994) de Robert Rodríguez, unha cinta onde uns criminais convictos acababan pasando unha noite infernal con vampiros nun local de carreteira chamado a Teta Enroscada. O filme empezaba como un thriller de acción convencional que a metade da narración daba un xiro inesperado, converténdose nun filme de terror cun toque gore.
Máis aló do aspecto musical, Los pecadores é un filme que non aporta nin quita nada ao cine de xénero. Non vemos nada que xa non vimos noutras películas de terror, sen variacións destacables.
O mesmo pasa en Los pecadores onde hai que engadir a maior sobre todo as temáticas raciais – ausentes no filme de Rodríguez - e o papel da música - hai momentos onde a película de Ryan Coogler convértese nun musical. En xeral o filme pode considerarse unha homenaxe moi persoal á música afroamericana, a partir do blues. De feito o seu mellor momento é precisamente un plano secuencia no que un dos protagonistas toca a guitarra e as notas do instrumento fúndense cos xéneros pasados e futuros da música afroamericana. Se a música funciona bastante ben no filme, non o é tanto, a nivel narrativo, o uso da celebre lenda sobre o guitarrista Robert Johnson - vendeu a alma ao diaño nun cruce de camiños en Missisipi - para esta historia de vampiros sobrenatural. Este elemento, así como outros que pertencen á mitoloxía afroamericana, resultan postos cun calzador.
Máis aló do aspecto musical, Los pecadores é un filme que non aporta nin quita nada ao cine de xénero. Non vemos nada que xa non vimos noutras películas de terror, sen variacións destacables. A isto hai que engadir que non ten a gracia especial dunha película de serie B porque, aínda que non sexa unha ‘produción franquicia’, ten todas as características e os vicios do cine industrial. É unha película que se coloca debaixo da etiqueta do chamado ‘terror racial’ – algo que seguramente facilitou o seu éxito -aínda que, persoalmente, queda moi lonxe das obras de Jordan Peele e incluso de clásicos como Candyman (1992).
Persoalmente celebro que unha película de terror estea presente na quiniela dos Óscar. Pero hai que ser sinceros: 16 nominacións para Sinners son un verdadeiro pecado. Ademais considerando que outra película como Weapons, chegou a ter soamente unha e foi na categoría de Mellor Actriz de Reparto para Amy Madigan. Este record para unha película nada máis que correcta, demostra unha vez máis que estamos a vivir nunha época onde o absurdo domina as narracións, non só cinematográficas. Nunca fun un gran partidario dos Óscar, pero está claro que se, finalmente, Los pecadores fora a película gañadora - fronte aos outros grandes filmes presentes nesta edición -, non habería que estrañarse. Tampouco que, como consecuencia, a credibilidade dos Óscar caia en picado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
¡BUONE VISIONI!
O pecado e os “Sinners” dos Óscar
IDENTIDADE DA GALICIA
O tecido cultural, unido para este Ano Oteriano
LOS LIBROS QUE LEO
Música y lenguaje oculto de la vida