LEER ES UN PLACER
Los monstruos y el abandono
Nós, en Ourense, tradicionalmente non usamos o verbo “magoar”, como en boa parte de Galicia, senón que dicimos “mancar”. Os zapatos novos máncanme, por exemplo. E se escoito a alguén dicindo Os zapatos novos magóanme, sóame raro aínda que sexa forma usual en boa parte de Galicia, onde ten tamén un sentido de sufrimento moral: As súas palabras magoárono moito, como poderiamos dicir nós “mancárono moito”. E dese verbo magoar, nos dous sentidos, saíu o de “mágoa”. Así un de, por exemplo, Santiago, diría que ten “unha mágoa nun pé que lle fixo o zapato” e nós diriamos “unha mancadela”. A propia Rosalía de Castro recolle unha cantiga que di: Mais ó que ben quixo un dia,/ se a querer ten afición/ sempre lle queda unha mágoa/ dentro do seu corazón. E nese sentido, tamén común co portugués, saíu o uso xeral de “mágoa” como sinónimo de tristura, pena, amargura, que hoxe xa é xeral. Un sinónimo máis das nosas penas, xa integrado, felizmente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 5 de agosto
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 5 de agosto
GASTRONOMÍA Y TRADICIÓN
Galería | 700 kilos de sabor y anguilas para mantener viva la Festa da Anguía, en fotos